domingo, 5 de mayo de 2024

IGREXA DE SAN MIGUEL DE CORZÁNS - PETÁN - CORZÁNS - SALVATERRA DE MIÑO

IGREXA DE SAN MIGUEL DE CORZÁNS

PETÁN

CORZÁNS

SALVATERRA DE MIÑO

 Petán
      Petán é un lugar da parroquia de Corzáns, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño na comarca do Condado.

      Segundo o IGE, en 2022 estaba despoboado.

Lugares de Corzáns
       A Bouza, Burguete, A Cacha, O Escambroeiro, A Feira, A Fraga, A Gandarela, O Gurguillón, O Inferno, A Inquisición, O Lameiro, O Monte de Arriba, Petán, O Piñeiro, O Quinteiro, A Roda, A Serralleira, O Sueido, A Tafona, O Taraíño, A Torre, Vilanova.

 Corzáns
      San Miguel de Corzáns é unha parroquia que se localiza no concello de Salvaterra de Miño, na Comarca do Condado. 

       Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 253 habitantes (135 homes e 118 mulleres), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 293 habitantes.

Patrimonio
       Nesta parroquia, próximo á igrexa parroquial, está o Pazo Torre de Petán.

Comarca do Condado
        A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

        Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Toponimia
      O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

ESMOLEIRO DA CASA DAS ÁNIMAS - PRAZA MAIOR - VILANOVA DOS INFANTES - CELANOVA

 ESMOLEIRO DA CASA DAS ÁNIMAS

PRAZA MAIOR

VILANOVA DOS INFANTES

CELANOVA

    Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás...   

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

FORNELA DE SAN BIEITO DE MARAÑAO - GABIÁN - LONGOS - SAN CRISTOVO DE CEA

 FORNELA DE SAN BIEITO DE MARAÑAO

GABIÁN

LONGOS

SAN CRISTOVO DE CEA

 Gabián
      Gabián é un lugar da parroquia de Longos, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño.

      Segundo o IGE,en 2023 tiña 8 habitantes (4 homes e 4 mulleres).

Lugares de Longos 

      Cazarrancas, A Eirexa Vella, Gabián, Longos

Longos
      Santa Baia de Longos é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

      En 2007 tiña 47 habitantes (20 homes e 27 mulleres), tres menos que en 2006.

Comarca do Carballiño
       A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense.

     Toma o nome da súa vila principal. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

PETO DE SAN PEDRO DE BATALLÁNS - LOUSADELA - AS NEVES

 PETO DE DE SAN PEDRO

SAN PEDRO DE BATALLÁNS

LOUSADELA

AS NEVES

    Peto de ánimas
   Chámanse petos de ánimas a unha das manifestacións materiais do culto aos mortos e son, xeneralmente, sinxelos monumentos de piedade popular asociados á idea do purgatorio.

    En Galicia é frecuente atopalos en camiños, encrucilladas, atrios de igrexas, etc.

     Os historiadores e etnógrafos sitúan a súa aparición a partir da Contrarreforma, datándose os máis antigos no século XVII, aínda que non sería ata o século XVIII cando se constrúan con máis profusión.

     A súa finalidade é a de ofrecer esmolas de todo tipo ás ánimas do Purgatorio, sendo o seu castigo temporal e podendo así alcanzar o Ceo.

    En compensación, unha vez liberadas intercederán por quenes realizaron as ofrendas.

     As esmolas non eran de carácter estrictamente monetarias, tamén podía tratarse de produtos agrícolas.

     Os petos de ánimas adoitan estar construídos en pedra cunha cruz no alto, polo xeral con imaxes das ánimas no lume do purgatorio e unha figura que as vela (santo, rei ou bispo).

     Na parte frontal aparece un peto para depositar a esmola e protexido cunha reixa ou un cristal.

Algúns levan lendas do tipo:
     Un alma tes e non máis, si a pérdes que farás... 

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

IGREXA DE SAN SALVADOR DE SOUTO - SOUTO - SAN CRISTOVO DE CEA

 IGREXA DE SAN SALVADOR DE SOUTO

SOUTO

SAN CRISTOVO DE CEA

 Souto
          San Salvador de Souto é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. 

       Segundo o IGE en 2013 tiña 61 habitantes, deles 28 eran homes e 33 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 80 habitantes.

Lugares de Souto
   Fatón, Peago, Souto, Zarza

San Cristovo de Cea
      San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño.

       Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
        O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

       O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m).

     O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito,

       O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.

Patrimonio
      Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural
         No concello está o Museo Etnográfico de Liste.

Parroquias de San Cristovo de Cea    
      Castrelo (San Cibrao), Cea (San Cristovo), Covas (Santa María), Lamas (San Martiño), Longos (Santa Baia), Mandrás (San Pedro), Oseira (Santa María a Real), Pereda (Santa Baia), San Fagundo (San Fagundo), Souto (San Salvador), Vales (San Pedro), Vilaseco (San Miguel), Viña (San Román)

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA