ESTACIÓN DE ARCADE
ARCADE
SOUTOMAIOR
Apeadoiro de Arcade
Arcade é un apeadoiro de ferrocarril de Adif situado en Arcade (Soutomaior, Pontevedra).
Ten servizos de Media Distancia operados por Renfe. Antes da posta en servizo do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, tiña a consideración de estación.
Situación ferroviaria
Atópase no punto quilométrico 7,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela, a 12 metros de altitude, entre o apeadoiro de Cesantes e a estación de Redondela-AV polo sur e a estación de Pontevedra polo norte.
Historia
En 1886 a Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, xeralmente abreviada como MZOV, concluíu o trazado da liña férrea que unía Monforte de Lemos con Vigo e que se pretendía prolongar a Portugal.
Esta liña contou cunha ligazón desde Redondela que alcanzaba Pontevedra na que se situou a estación de Arcade.
En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.
En 1941, Oeste integrouse como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901