ESTACIÓN DA SUSANA
A SUSANA
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Estación da Susana
A Susana é un apeadoiro de Adif, situado na Susana, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.
Está situada na liña A Coruña-Madrid e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
A Susana
A Susana é un lugar da parroquia de Marrozos, no concello coruñés de Santiago de Compostela, na comarca de Santiago.
Segundo o IGE, en 2018 tiña 188 habitantes (84 homes e 104 mulleres).
Está comunicada co núcleo urbano compostelán a través da liña de autobús P3, con fin na Praza de Galicia (todos os buses da liña) e coa San Roque (só os buses da prolongación).
Marrozos
Santa María de Marrozos é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela.
Segundo o IGE en 2013 tiña 1.081 habitantes (579 mulleres e 502 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.044 habitantes.
Lugares de Marrozos
Aldrei, Ardagán, Corexo, Gamás, Marrociños, O Sisto, A Susana, Vixoi
Comarca de Santiago
A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela.
A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901