viernes, 6 de enero de 2023

ESTACIÓN SAN ESTEVO DO SIL - ESTACIÓN - PANTÓN

ESTACIÓN DE SAN ESTEVO DO SIL

ESTACIÓN

PANTÓN

Estación de San Estevo do Sil
     San Estevo do Sil é unha estación ferroviaria situada na localidade de Estación, no municipio español de Pantón na provincia de Lugo, comunidade autónoma de Galicia. 

     Conta con servizos de Media Distancia.

Situación ferroviaria
     A estación atópase no punto quilométrico 19,8 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 154 metros de altitude, entre as estacións de Areas e San Pedro do Sil.​ O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia
      A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.

     A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.

​      En 1941, Oeste foi unas as empresas que se integrou na recentemente creada RENFE.

      Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación
     A estación atópase na localidade de Estación, na parroquia de Frontón, municipio de Pantón. 

     O edificio para viaxeiros é de base rectangular e dúas alturas. 

     A estación dispón de dúas vías e dúas plataformas, un lateral e outra central entre as dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios
     Os trens de Media Distancia de Renfe cobren o traxecto entre Vigo e Ponferrada nun sentido e entre Ponferrada e Ourense no outro, e teñen unha frecuencia dun tren diario por sentido. 

MAPA 

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901