ESTACIÓN DA POBRA DO BROLLÓN
ESTACIÓN
A POBRA DO BROLLÓN
Estación da Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón é unha estación de ferrocarril de Adif situada no lugar da Estación, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo, Galicia.
Ten servizos de media distancia.
Situación ferroviaria
Está situada no punto quilométrico 350,7 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 416 metros de altitude, entre as estacións de Monforte de Lemos e O Freixeiro. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.
As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas.
En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.
En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración en Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
En 2011 Adif realizou obras de mellora das instalacións, como o recrecemento das plataformas, a substitución dos pasos peonís e melloras na cuberta, as portas e as fiestras do edificio de viaxeiros.
En xaneiro de 2021 Adif adxudicou o contrato para a redacción do proxecto de ampliación dunha das vías da estación ata os 750 metros de lonxitude para que os trens de mercadorías poidan quedar apartados nela, así como a supresión do paso a nivel próximo.
Servizos ferroviarios
Os servizos de Media Distancia de Renfe que teñen parada na estación enlazan A Pobra do Brollón coa cidade de Ponferrada.
Non obstante, non existe parada de ningún tren en sentido contrario.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901