PANTANO DE OLELAS
OLELAS
A ILLA
ENTRIMO
Pantano de Olelas
O pantano de Olelas e os picos escarpados de fondo da serra do Quinxo forman unha das fotos máis belas do Parque Natural do Xurés.
A presa do pantano foi construída a principios do s.XX para abastecer de auga de regadío ó lugar de Olelas.
Para chegar dende A Terrachán, (capitalidade do Concello de Entrimo), é necesario tomar a estrada OU-1209, dirección ao lugar de Olelas. É unha vía estreita e con bastantes curvas.
Aínda así, paga a pena achegarse ata esta contorna e gozar da espectacular paisaxe, onde, ademais, é moi frecuente ver vacas cachenas (raza autóctona de Entrimo), singulares polo seu pequeno tamaño e a súa gran cornamenta.
Olelas
Olelas é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia.
Tiña 62 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 37 mulleres.
Lugares da Illa
A Illa, Lantemil, Olelas, Reloeira
A Illa
San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Entrimo, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 260 habitantes (124 homes e 136 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación.
Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos 4 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares (só 1 habitable) da parroquia homónima do concello de Lobios.
Comarca de Baixa Limia
A Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.
Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901