CURRAL DO GONÇALO
CASTRO LABOREIRO
MELGAÇO
Castro Laboreiro
Castro Laboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a serra do Laboreiro, a serra da Peneda e a serra de Queguas; a unha altura media duns 1.000 m de altitude.
A pesar de ser a freguesía máis extensa de Melgaço, con 89,29 km², só ten unha poboación duns 726 habitantes segundo o censo do 2001, quedando deste xeito cunha densidade de poboación moi baixa, arredor dos 8,1 hab./km².
Foi vila e sede de concello entre 1271 e 1855. Era constituído soamente pola freguesía da sede e tiña, en 1801, 1284 habitantes e, en 1849, 1512 habitantes.
A freguesía atópase dentro do Parque Nacional de Peneda-Gerês, nun enclave illado, rodeado por serras que acadan os 1340 m de altitude no Gestoso.
Preto deste cumio nace o río Castro Laboreiro ou Barcia que forma un val longo arredor do cal se distribúen os núcleos de poboación, e que serve de fronteira durante un longo tramo duns 15 km con Galiza ata desembocar no encoro de Lindoso.
Patrimonio
Castelo de Castro Laboreiro (séc. XII)
Ponte Celta dos Portos
Ponte de Dorna
Ponte da Capela
Ponte de Varziela
Ponte das Caínheiras
Ponte das Veigas
Ponte Nova da Cava da Velha
Ponte Velha
Ponte do Rudeiro
Pelourinho de Castro Laboreiro (1560)
muíños
fornos comunitarios
espigueiros
Igrexa de Santa Maria da Visitação ou Igrexa Matriz de Castro Laboreiro
Ponte de Assureira ou Ponte de São Brás, Capela de São Brás.
Festas e romarías
Señora da Visitação e S. Bento (13 de xullo)
Señora dos Remédios (agosto)
Santa Isabel-Senhora da Visitação (Vila; primeiro domingo de xullo)
Melgaço
Melgaço é un concello portugués no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Minho-Lima, fronteirizo con Galiza.
En 2004 tiña 9.739 habitantes, 1.300 dos cales viven na vila que dá nome ao municipio.
Xeografía
Ten 239,04 km², e está subdividido en 18 freguesías. Limitado ao norte e leste con Galiza, ao suroeste polo municipio de Arcos de Valdevez, e ao oeste por Monção. É o municipio máis setentrional de Portugal.
O punto máis elevado do concello é o Giestoso, de 1.335 metros de altitude, na freguesía de Castro Laboreiro.
O concello ten 18 freguesías, repartidas en dúas grandes áreas: 11 delas á beira do río Miño (Alvaredo, Chaviães, Cristoval, Paços, Paderne, Penso, Prado, Remoães, Roussas, São Paio e Vila) e 7 de montaña (Castro Laboreiro, Cousso, Cubalhão, Fiães, Gave, Lamas de Mouro e Parada do Monte).
Patrimonio
En Melgaço existe toda unha tradición de contos e fábulas con criaturas fantásticas como Arganões e outros seres con poderes máxicos.
Esta cultura popular foi transmitida oralmente ao longo de xeracións, estando actualmente en declive.
Hai uns 10 anos foi descuberta no monte de Prado, proxectadas cara á encosta ribeireña (e case desapercibidas pola vexetación da zona) unha serie aínda non cuantificada de esculturas de monstros, similares ás proas dos barcos viquingos, que fixeron numerosas incursións na zona na Idade Media.
Entre as súas construcións destacan:
Castelo de Melgaço: Mandado construír polo primeiro rei de Portugal, Don Henriques, en 1170 cun foro semellante ao de Ribadavia, sendo atacado no século XIII polas tropas do Reino de León.
Igrexa Matriz de Melgaço.As súas últimas murallas datan da Guerra de restauración, foi declarado Monumento nacional en 1910.
Castelo de Castro Laboreiro: Coñecido nos cronicóns como a fortaleza de San Rosendo de Celanova.
Igrexa de Paderne
Parque Termal do Peso: Finca e palacete modernista con augas mineromedicinais que competiu co veciño balneario de Cortegada(Ourense).
Solar de Galvão
Fonte de São João
Igrexa da Misericórdia
Igrexa de Fiães
Museo do Cinema de Melgaço
Igreja romãnica de Chaviães
Cividade de Paderne:
É un castro romanizado situado no monte "coto Grande", na freguesía de Paderne, concello de Melgaço. Atópase situado entre dous regatos, o Martingo e o Porto do Río. Malia os traballos agrícolas aínda son visibles valos e restos de muralla.
Atopado por Leite de vasconcelos en 1903, descubriu tégulas, muíños romanos, ánforas, cerámica castrexa con decoración incisa e diversas pedras decoradas, entre as que destaca un zoomorfo de características semellantes a outro zoomorfo castrexo do castro da Ameixeira, (Crecente).
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901