lunes, 22 de octubre de 2018

IGLESIA DE SAN MARTIÑO - A GUDIÑA

IGLESIA DE SAN MARTIÑO
A GUDIÑA
OURENSE


San Martiño e San Pedro da Gudiña
     San Martiño e San Pedro da Gudiña é unha parroquia do concello da Gudiña na comarca de Viana, na provincia de Ourense. 



    No ano 2007 tiña 787 habitantes, deles 399 eran homes e 388 eran mulleres.


Lugares da Gudiña
     A Gudiña, A Venda do Espiño



Parroquias da Gudiña
     Barxa (San Xoán), O Canizo (Santa María), Carracedo da Serra (Santiago), A Gudiña (San Martiño e San Pedro), Parada da Serra (San Lucas), Pentes (San Mamede), San Lourenzo de Pentes (San Lourenzo), O Tameirón (Santa María) 



A Gudiña
     A Gudiña é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o IGE en 2015 tiña 1392 habitantes (1625 en 2004, 1651 en 2003).



Xeografía
     O concello, de 171,4 km², abrangue 8 parroquias. Limita ao norte con Viana do Bolo, ao sur con Portugal, ao leste coa Mezquita, ao noroeste con Vilariño de Conso, ao oeste con Castrelo do Val e ao suroeste con Riós.



     Está comunicada coa estrada N-525, que vai de Ourense cara a Benavente, se ben o tráfico pesado adoita ir pola autovía A-52. A estrada OU-533 une a vila da Gudiña con Viana do Bolo. Forma parte da antiga C-533 que ía desde A Gudiña até Lalín.


     Pola Gudiña pasa tamén a vía da Prata do Camiño de Santiago.


Historia
     No concello consérvanse restos megalíticos, con varias mámoas, así como os restos de varios poboados castrexos. Durante a romanización de Galicia houbo unha explotación mineira de estaño.



    O 15 de maio de 1167, Fernando II doou ao mosteiro de Montederramo mediante un privilexio a herdade da Coelleira.


     O 15 de xuño de 1506 pasaron a noite na vila o rei Filipe I de Castela e a súa muller Xoana, que desembarcaran na Coruña e se dirixían preto da Pobra de Seabra para se reuniren o día 20 con Fernando II de Aragón. Dado que os habitantes acudiran a recibilos cando comeron no mesón da Canda, o rei concedeulles en Cédula Real o uso dun escudo coa coroa real, consistente nun brasón dividido en dúas metades cun triángulo no ángulo inferior.


     En 1911 o militar monárquico Henrique Mitchell de Paiva Couceiro lanza desde aquí a primeira incursión monárquica contra a recentemente nacida república de Portugal atacando Chaves, pero ao ser derrotado regresa,ao ano seguinte e no 1919 segue lanzando incursións armadas contra Portugal ao ter neste lado da raia seca a complicidade discreta do goberno español.



Comarca de Viana
     A comarca de Viana é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Viana do Bolo. A cal pertencen os concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.



     A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido (Petín) á Gudiña. 

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901