viernes, 5 de octubre de 2018

PETROGLIGOS CHAN DOS AREEIROS - SANTA CRISTINA DE COBRES

PETROGLIFO CHAN DOS AREEIROS
SANTA CRISTINA DE COBRES
VILABOA


Santa Cristina de Cobres
     Santa Cristina de Cobres é unha parroquia que se localiza no concello de Vilaboa. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 1.220 habitantes (613 mulleres e 6007 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.132 habitantes.


Patrimonio
     No límite coa parroquia de Vilaboa está o petróglifo de Chan dos Areeiros, con inscricións medievais.



     A igrexa parroquial foi construída en 1678. No arco do altar maior pode lerse unha inscrición facendo referencia ao papa Inocencio XI e ao abade Antonio Figueroa Lanços, cura da parroquia cando se construíu o templo. A igrexa ten planta de cruz latina, con dúas capelas adicadas á Virxe das Angustias (co-patroa) e a San Bieito. No presbiterio consérvase o escudo da familia Figueroa.


Lugares de Santa Cristina de Cobres
     Areeiros, Barciela, A Carballeira, As Cernadas, O Costal, Magarella, Mangoeiro, O Muíño, O Outeiro, Paradellas, Riomaior, A Rotea, Seixas, Vilar 



Vilaboa
     Vilaboa (do latín villam bonam, 'vila boa') é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE en 2016 tiña 6043 habitantes (2943 homes e 3100 mulleres). O seu xentilicio é vilaboés.



Xeografía
     O concello, de 37,54 km², atópase no interior da ría de Vigo, na enseada de San Simón. Abrangue 5 parroquias, e ten 61 lugares. Limita ao noroeste con Marín, ao norte e o leste con Pontevedra, ao sur coa ría de Vigo e ao suroeste con Moaña. No concello está a lagoa de Castiñeiras, e en Figueirido nace o río dos Gafos. Outros cursos menores son o río Maior e o rego de Tuimil.



Historia e patrimonio
     Os restos máis antigos de asentamentos humanos datan da época dos megálitos. A mámoa do Rei está situada no camiño que rodea o lago de Castiñeiras. 



     Conta con cámara poligonal e corredor de acceso, con tres tramos diferenciados. Ten uns 5000 anos, e foi restaurado no 2003. Preto del hai 8 mámoas do neolítico. As mámoas da Chan da Cruz foron escavadas en 1972, 1983 e 1984.


     Do período castrexo consérvanse os restos dun castro no lugar de Acuña, coñecido como castro de Monte da Croa. Conta con murallas, e nel foron atopados utensilios de uso caseiro. Hai outro castro, sen escavar, no monte de Coto Loureiro, entre as parroquias de Figueirido e A Canicouva (Pontevedra).


     Da época da romanización é a Vía XIX do itinerario de Antonino, da que se atoparon no concello catro miliarios, conservados no Museo de Pontevedra. Desde o medievo, por esa vía discorre a vía portuguesa do camiño de Santiago. O topónimo de Vilaboa ten orixe latina, de Villam Bonam, "Casa de campo boa".


     Da Idade Media consérvanse os alicerces do castelo de Santo Adrián de Cobres, ademais de vestixios románicos na igrexa de San Martiño de Vilaboa. O castelo de Uveiras foi construído cara aos séculos XIV e XV e foi destruído pola armada anglo-holandesa en 1702 na batalla de Rande. Atópase a uns 100 m de altitude, e na actualidade consérvanse os alicerces e parte dos muros, cunha altura máxima de 5 m e unha anchura de 1,5 m. A forma adáptase á topografía do terreo, con esquinas en ángulo e un pequeno bastión no lado nordés. O terreo cae en pendente pronunciada cara ao sueste, e en pendente suave cara o nordés. Na zona localizáronse restos de ánforas e cerámica romana.


Petróglifo de Chan dos Areeiros.
     Entre as parroquias de Vilaboa e Santa Cristina de Cobres está o petróglifo de Chan dos Areeiros, con inscricións medievais.



     As salinas do Ulló foron explotadas desde 1694 polo Colexio dos Xesuítas de Pontevedra, sendo privatizadas trala desamortización de Mendizábal. No mesmo lugar construíuse a finais do século XIX un muíño de mareas, do que apenas quedan restos.


     Durante o antigo réxime as terras do concello pertencían á xurisdición de Pontevedra, señorío do arcebispado de Compostela. En 1821 constituíronse como concellos Cobres e Vilaboa, que se fusionaron en 1835. En 1925 a parroquia de Domaio (do concello de Moaña) pediu unirse a Vilaboa, mais a proposta non foi adiante ao non xustificarse administrativamente. 


     En 1960 o concello de Pontevedra solicitou a anexión do de Vilaboa, mais o pleno municipal non o aceptou.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901