miércoles, 21 de septiembre de 2016

BORELA - COTOBADE

BORELA
COTOBADE


San Martiño de Borela
     San Martiño de Borela é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cotobade. 


     Segundo o IGE no 2007 tiña 388 habitantes (189 homes e 199 mulleres), 6 máis que no 2006. Dos seus 11 lugares, 9 están habitados.



Persoeiros
     En 1947, a escritora brasileira Nélida Piñon, que daquela contaba con 10 anos, múdase cos pais e cos avós maternos para Borela, onde ficarán dous anos.


Lugares de Borela
     A Aldea de Abaixo, Borela, A Brea, A Cavada, A Costa, Os Currás, A Graña, Pazos, O Picoto de Abaixo, A Ponte Borela, A Senra



Parroquias de Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Corredoira (San Gregorio), Loureiro (Santiago), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María), San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)


Cotobade
     Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. 


     Segundo o IGE no 2014 tiña de 4.327 habitantes (2.079 homes e 2.248 mulleres). 


     O seu xentilicio é «cotobadés».



Toponimia
     A denominación de Cotobade semella que deriva de couto do abade, dado que toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o superior do convento de beneditinos de Tenorio.


Xeografía
     Está situado ao oeste ao leste da provincia de Pontevedra. 


     Limita ao norte co concello de Campo Lameiro, ao nordeste con Cerdedo, ao leste con Forcarei, ao sueste coa Lama, ao sur con Ponte Caldelas e ao oeste con Pontevedra.


     Ten unha extensión de 135,2 km², e conta con 13 parroquias e 135 entidades de poboación. A capital do municipio atópase o lugar da Chan, na parroquia de Carballedo, sen que o seu topónimo corresponda a ningunha entidade de poboación, o cal non é moi frecuente.


     Hai dúas zonas diferenciadas: As "Terras Altas" son as situadas no val do río Almofrei, cara ao sueste. O río nace no monte do Seixo e desde Caroi discorre limpo por vales frondosos onde abundan as carballeiras e outras masas forestais. 


     Ademais, nos montes de Valongo nace o río Calvelle, que xunto co río Barbeira flúen ao río Verdugo, que formará a ría de Vigo.


     As chamadas "Terras Baixas", que abarcan o val do río Lérez, que recibe os ríos Cabanelas, Calvelo e o propio Almofrei, o seu afluente máis importante. 


     O Lérez sérvelle de límite ao concello, excepto na parroquia de San Xurxo de Sacos, na que o bordo vén marcado polo río Calvos. Tamén sobresae o monte Seixo, que con 990 metros de altitude é a cota máxima do concello.


Patrimonio arqueolóxico
    Calzada do monte Pé da Múa.


Petróglifos
    Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos.
    Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.


Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.


Festas populares
     Son múltiples as festas que se celebran en todo o territorio de Cotobade ó longo do ano, pero hai tres que destacan sobre o resto:
    A rapa das Bestas, que se celebra no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901