jueves, 15 de septiembre de 2016

CRUCEIRO DE MOLDES - OLEIROS - RIBEIRA

 CRUCEIRO DE MOLDES
OLEIROS
MOLDES
RIBEIRA


Tipo de ben: 
     Cruceiro
Concello: 

     Ribeira    
Parroquia: 

     Oleiros (San Martiño)
Lugar: 

     Moldes
Cronoloxía: 

     Idade Moderna (XVI-XVIII), 


Descrición:
     Cruceiro de capela realizado en granito no século XVII. Posúe cruz rectangular, con pedestal, brazos con mediacana e remates decorados; coas imaxes de Cristo Crucificado, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, mans abertas, con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á esquerda, INRI (pergameo); capela lisa con base moldeada, tellado plano e no interior a Virxe de Belén; capitel octogonal; plataforma cuadrangular de dous graos con voo. 



     Posúe un pequeno peto pegado ao fuste. Está rodeado dunha pequena valla metálica.


     Celebrase unha romaría a segunda fin de semana de maio nas inmediacións deste cruceiro. É a típica festa relixiosa herdeira das antigas celebracións da primavera e dos Maios. 


     A santa venerada é a Virxe de Belén, á que lle piden, boas colleitas, cura para as doenzas e fertilidade para as mulleres.


     Para chegar desde A Pobra do Caramiñal, collemos o desvío cara A Curota e seguindo o indicador a ese punto atoparemos con este cruceiro, situado xusto no cruzamento antes de comezar a ascensión ao miradoiro.



Tradición oral:
     Di unha lenda que houbo un pobo cheo de caciques, patróns e comerciantes covardes , entre eles un alcalde tamén ruín. A este pobo chegou a Virxe de Belén, advertindo que se seguían así serían castigados, pero non fixeron caso e o alcalde botou do pobo a santa. 



     Cando estaba pasando por un monte local (suponse onde se atopa o cruceiro) sentiu como un vento terrible destruíu o pobo. Este pobo podería ser Valverde, e din que estaría atuado nas dunas de Corrubedo.

MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Web patrimoniogalego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901