CENA CLUB EXXPOPRESS
XORNALISTAS DE GALICIA
RESTAURANTE A CASCADA
CAMPÍNG RÍA DE AROSA-2
OLEIROS
RIBEIRA
O xornalista Paco Lobatón plantou unha árbore no Parque da Comunicación situado en Praia Xardín en Boiro
Despois, ás 20.00 horas, imparteu a charla titulada “Desapariciones: el derecho a saber”, no Centro Social de Boiro.
E ás 21.30 horas asisteucomo convidado especial á III Cea Enolóxica do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, no restaurante A Cascada do Camping Ría de Arosa-2, situado en Oleiros. Trátouse dunha actividade na que se promocionaron viños galegos de denominación de orixe, conservas galegas e productos da marca PescadeRías, entre outros.
O acto contou coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia
Colectivo creado e promovido por xornalistas de prensa, radio e televisión, pero aberto a toda a sociedade, sen ánimo de lucro e apadriñado por José María Íñigo.
O seu obxectivo é a organización de actividades de promoción e dinamización turística, cultural e empresarial de Galicia, implicando nelas a institucións, empresas, colectivos e xornalistas.
La cena
Os viños da adega da D.O. Ribeira Sacra Vía Romana, os vermús de Nordesía -fantántico o tinto de mencía, non lle vai moito a zaga o branco de godello- a xenebra Nordés e a Tónica Bágoas do Mar (elaborada con auga de mar dos acantilados da Costa da Morte) foron os protagonistas da III Cea Enolóxica do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia celebrada no Restaurante A Cascada do Cámping Rural Ría de Arosa-2 de Oleiros (Ribeira), parque campista de primeiro nivel nas estibacións do monte A Curota.
O obxectivo desta actividade non é e outro que promocionar viños galegos de denominación de orixe, conservas galegas e productos da marca PescadeRías. Entre os 90 invitados figuraban algún xornalistas especializado en gastronomía, viños e turismo e bloggers xunto co comunicador Paco Lobatón, que foi o invitado especial desta edición.
No transcurso da cea degustaronse viños da adega Vía Romana e vermús de Nordesía en maridaxe con conservas da gama Gurmet de Frinsa (sardinillas, mexilóns en escabeite e zamburiñas en salsa americana); sardiñas da Confraría de Ribeira, ameixas e polbo da marca PescadeRías e produtos da horta ecolóxica da asociación Amicos, así como postres de Secretos de Galicia.
O encontro rematou cunha charla do xornalista Víctor Furelos, redactor de El Correo Gallego, titulada Heroes da paisaxe vinícola, centrada na viticultura heróica da Ribeira Sacra e outras zonas vinícolas de montaña.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuentes: tv27barbanza.com
clubexxpopress
hggtonline
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901