domingo, 18 de septiembre de 2016

PUERTO DE ESCARABOTE - BOIRO

PUERTO DE ESCARABOTE
LAMPÓN
ESCARABOTE
BOIRO


Escarabote
     Escarabote é un lugar da parroquia de Lampón no concello coruñés de Boiro, na comarca do Barbanza. 


     Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 638 habitantes (329 homes e 309 mulleres).


     O topónimo procede do escarapote (Scorpaena scrofa), un tipo de peixe similar á faneca brava que habitaba os areais da contorna, de corpo forte e cabeza chea de espiñas.



Lugares da parroquia de Lampón

     A Agramuíña - O Carballal - O Covo - Escarabote - Escarabotiño - Escarís - As Escobias - Goiáns - A Madanela - Montaña - Montañó - Outeiro - O Outeiro - Peralto - Piñeiro - A Poza - Rosomil - Rozadelas - San Mauro - Sealo - O Sobreiral



Parroquias de Boiro    
     Abanqueiro (San Cristovo) - Bealo (San Pedro) - Boiro (Santa Baia) - Castro (Santa María) - Cespón (San Vicenzo) - Cures (Santo André) - Lampón (Santiago) - Macenda (San Xoán)



Santiago de Lampón 
     Santiago de Lampón é unha das oito parroquias do concello de Boiro e esta sitúase ao sur concello, na comarca da Barbanza. 


     Segundo o padrón municipal (INE 2013) conta con 2.301 habitantes (1.141 homes e 1.160 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.433 habitantes. 


     A maior parte da poboación (68 %) concéntrase no casco urbano. A pesca, nas zonas da parroquia próximas ao mar, e a agricultura (nas zonas de montaña) seguen a ter un importante papel no modo de vida da xente de Lampón.



Patrimonio
     A igrexa de Santiago de Lampón é de feitura románica, con orixe na segunda metade do século XII, segundo Ángel del Castillo. O reverendo José María Lago Hermo recolleu unha tradición que sitúa un templo primitivo na aba da montaña, pois na fachada dunha casa pódense apreciar unhas inscricións en latín que permiten deducir que se tratou da primeira casa reitoral anexa ao templo parroquial. Quizais o traslado do templo á antiga capela de Santa María Madalena, máis próxima ao mar, se debese a algún acontecemento histórico como a chegada dos viquingos. Crese que funciona como parroquia desde o século XVII, pois ao facerse cargo da parroquia en 1972 Xosé Benito García Torres, certificou que entre os libros que recibe estaba un vello volume que recollía bautismos, vodas e defuncións desde 1600, segundo se recolle no arquivo diocesano. 



     En 1684 o templo foi restaurado e ensanchouse a nave maior. En 1715 fixéronse traballos de limpeza e adecentamento.


     Ten ábsida, dúas capelas laterais, sancristía e torre de campanario. No alto da fachada ten o escudo heráldico dos Caamaño, familia impulsora do esplendor do edificio. Baixo este está entronizada a imaxe do patrón Santiago Apóstolo. 


     No altar hai un retablo barroco de gran calidade artística cunha imaxe da Santísima Trindade de gran valor. A cada lado deste hai uns escudos idénticos aos da fachada, de talla en madeira e policromados.


     O 15 de xaneiro celébrase a festividade de san Mauro. Na igrexa había unha imaxe deste santo, levada desde unha ermida xa desaparecida do lugar de San Mauro dada a devoción que tiña entre a veciñanza. En 1989, tras a celebración desta festa, a igrexa sufriu un incendio debido a que a capela lateral estaba chea de candeas acesas ofrecidas polas persoas devotas. Queimáronse as imaxes, pero salvouse o retablo e o edificio. A veciñanza colaborou nas obras de restauración do templo.


     En 1607 visitou a freguesía o cardeal Jerónimo del Hoyo, e indica que lle chama "La Rabalera", tal vez por ser a patroa María Madalena. Hai dúas imaxes da santa no templo, se ben unha foi retirada polo párroco, pola súa vestimenta "indecorosa", e substituída por outra con vestimenta de Monxa, que se conserva na sancristía. 
 

     Segundo Manuel Dominguez Fontán a imaxe vella chegou á parroquia logo dun troco coa parroquia da Pobra do Deán, á que cederon unha valiosa imaxe do apóstolo Santiago.

MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901