miércoles, 7 de septiembre de 2016

PORTO DE CABO DE CRUZ - BOIRO

 PORTO DE CABO DE CRUZ
CABO DE CRUZ
BOIRO


 Cabo de Cruz
     Cabo de Cruz é unha localidade marítima da parroquia de Castro, parroquia foi constituída no 1929, situada no Sur do Concello de Boiro pertencente á Ría de Arousa. 



     Nos últimos anos o descenso poboacional foi notable, chegando a ter antes do 1999 un número de habitantes de preto de 3.00.


Monumentos
     Ten dúas igrexas, a Capela do Carme, preto do porto e construída no 1960, e a Igrexa do Castro, máis grande que a anterior e que é a igrexa parroquial, do século XVII.



     Canto ó seu patrimonio arqueolóxico, destacan o Castro do Achadizo, o Castro da Jurita e mais os Fornos de Pedra Rubía. 



     Cómpre salientar así mesmo os cruceiros de Romarís e o da Aldea de Arriba, e os hórreos de Romarís e de Carreró.


     No que se refire á construción civil, destaca pola súa antigüidade a Torre dos Canónigos no lugar de Piñeirón, que se cre que foi construída na mesma época que a Torre de Goiáns, entre o século XV e XVI. Sufriu diversas remodelacións co correr do tempo. 



     Tamén cómpre citar a Granxa do Esteiro, con escudo brasonado.


Economía
     O marisco, parte importante da economía crucense



     A maioría da poboación traballa no mar. O porto de Cabo de Cruz está en fase de expansión debido a grande actividade marítima que rexistra. 



     O sector marisqueiro, coa extración de diversos bivalvos é o sustento dun número importante de familias. 


     Por outra banda tamén está o sector do cultivo de mexillón en bateas (sector maioritario), e o sector conserveiro e transformador de produtos do mar.


     O turismo é un sector dada a calidade recoñecida de praias como a de Carragueiros ou a Retorta, que dispoñen da Bandeira Azul e mais da Q de calidade, amais de outras como Ladeira e a Ribeira Grande ou pequenas calas da costa crucense.



Cultura e deporte
     No eido da fotografía destacar a Suso Torrado.



     Ten un club de remo: o Club de Remo Cabo da Cruz, fundado en 1979, que participa na liga ACT e con diversos premios no seu haber. En fútbol, existe o equipo incialmente chamado Cabo de Cruz S.D., club fundado en 1970 que mudou o seu nome a S.D. Valiño - Cabo de Cruz en 1992.



     En piragüismo destaca o crucense Andoni Larrauri, quen comezou a súa andaina no Clube Morcego e conta con títulos como o de subcampión de España en K-1.



Festas
    Festa de San Xoán: festa que se celebra o 23 de xuño e que está en fase de recuperación.
    Festa do Carme: festa que se celebra o 16 de xullo, cunha importante tradición no tocante á procesión marítima, e de sona na bisbarra do Barbanza, contando con diversas actividades.



    Romaría do Castro: celébrase os días 5, 6, 7 e 8 de setembro. Son as festas parroquiais e celébranse dende o nacemento da parroquia do Castro.
    Exaltación do Mexillón: celébrase no mes de agosto, é unha festa de carácter gastronómico.


MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901