TORRE DE XUNQUEIRAS
XOBRE
A POBRA DO CARAMIÑAL
Concello:
A Pobra do Caramiñal
Provincia:
A Coruña
Estilo arquitectónico
Estilo orixinario:
(Torre medieval, século XIII)
Estilo actual:
(Pazo rencentista, barroco, século XV, século XVIII)
Estado actual:
en bo estado
O Pazo Torre de Xunqueiras é unha casa señorial situada no lugar das Xunqueiras, na parroquia do Xobre, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal. O edificio orixinal era unha fortaleza do antigo Reino de Galiza, do século XIII, que foi derrubada polos Irmandiños en 1467. No século XV converteuse en pazo. O edificio actual é practicamente do século XVIII, de estilo renacentista de inspiración italiana; da construción medieval consérvase a torre, mais moi modificada. No interior posúe un claustro pequeno e sinxelo.
É de propiedade privada e, pola súa importancia artística e histórica, foi declarado Monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional o 27 de marzo de 1981. As visitas non están permitidas, pero si se utiliza coma pazo de turismo rural e para celebracións de eventos e vodas.
Historia
No século XIII, Fernán Martín de Xunqueiras, primeiro da liñaxe familiar que exercerá o control sobre un vasto territorio, ordenou a construción dunha fortaleza no lugar. Da primitiva planta, só chega ao século XXI a denominada torre da homenaxe. En parte, como consecuencia da destrución de moitos dos castelos do antigo Reino de Galiza polas Revoltas Irmandiñas de mediados do século XV, cando os campesiños, fartos dos abusos dos señores, deciden rebelarse contra destes.
A reconstrución lévaa a cabo Estevo de Xunqueiras, ao que, pola súa participación na conquista de Granada foille concedido o señorío do Caramiñal polos Reis Católicos. Ao longo dos anos, os seus sucesores, Ares Pardo das Mariñas e Gomes Peres das Mariñas seguirían a realizar diversas remodelacións de acordo coas súas necesidades. Este último, no século XVI, nun momento de esplendor na zona, sería o responsábel da consecución do título de vila ao Caramiñal e promotor da construción da súa igrexa parroquial.
A mediados do século XIX, mediante entroncamentos familiares, engádese á historia do pazo a casa de Medinacelli e, a finais de século, as dependencias son vendidas ao político Senador de España, Eduardo Gasset Chinchilla,fillo do político e xornalista pontevedrés Eduardo Gasset Artime e tío do filósofo José Ortega y Gasset, familia á que pertence na actualidade.
O 27 de marzo de 1981 foi declarado Monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional pola súa importancia na historia de Galicia e os seus valores artísticos.
A torre de Xunqueiras foi un lugar vinculado a Ramón María del Valle-Inclán dadas as súas relaciones co daquela propietario do pazo, Eduardo Gasset Chinchilla, protector do dramaturgo.
Algúns estudosos da obra de Valle-Inclán vén na Torre de Xunqueiras o escenario da súa célebre "Sonata de Otoño" e nun fillo de Eduardo Gasset, Xerardo Gasset, a figura do protagonista desta obra, o Marqués de Bradomín
En decembro de 2010, o pazo foi escenario da gravación do documental Este que veis aquí, sobre a figura de Valle-Inclán, producido por Gona Film e dirixido polo castelán José Luis García Sánchez. O documental está protagonizado polo actor galego Xerardo Pardo de Vera que dá vida ao dramaturgo, así como por Juan Diego e José Luis Galiardo nos papeles de dous personaxes da obra de Valle-Inclán, o Marqués de Bradomín (protagonista das Sonatas) e de Juan Manuel de Montenegro (das súas Comedias bárbaras).
Estilo arquitectónico
Do estilo arquitectónico primitivo, do século XIII, só se conserva a torre da homenaxe, alta e sobria, cun característico noiro defensivo na súa parte inferior, sen máis vans que unhas angostas seteiras e coroado por catro garitas de vixilancia en cada recanto.
Ao longo dos séculos, á torre engádenselle novas dependencias en estilos que van dende o renacentista ao barroco, que transforman a antigua fortaleza militar nunha arquitectura palatina.
Entre elas, cómpre salientas, trala fachada central da actual construción, o claustro renacentista, rematado a comezos do século XVII, de planta cadrada, con arcos de volta perfecta na súa parte inferior e columnas menores que aturan o teito na súa parte superior.
A fachada lateral oposta á torre da homenaxe está dominada por unha portada clasicista na que destaca a pequena torre circular á que a balaustrada barroca engadida con posterioridade convirteu nunha terraza-miradoiro.
O acceso ao conxunto a través dun peculiar camiño franqueado por plátanos remata nun pequeno xardín valado de tipo francés.
Uso actual
No século XXI combínanse os seus usos para a restauración e celebración de eventos coa posibilidade de alugar de forma completa ou por cuartos unha vivenda independiente dentro do mesmo conxunto arquitectónico.
En 2010, o PSdeG lanza unha proposta na que se insta á Xunta de Galicia a establecer un réxime de visitas á Torre de Xunqueiras por estar esta declarade Ben de Interese Cultural), algo ao que a dona accedería sempre que o fagan todos os edificios así declarados.
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901