domingo, 25 de septiembre de 2016

PORTO DE PALMEIRA - RIBEIRA

 PORTO DE PALMEIRA
SAN PEDRO DE PALMEIRA
RIBEIRA


 San Pedro de Palmeira
     San Pedro de Palmeira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ribeira. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 2.694 habitantes (1.382 mulleres e 1.312 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 2.905 habitantes.


     No lugar de Figueirido está a Pedra das Cabras, petróglifo da idade do bronce.


Lugares de Palmeira
     Almansa, O Bacelo, A Bouciña, O Brañal, Branca, Callao, A Cambra, A Canle, A Carballa, O Carballal, Carolo, Chacín, Chimpín, O Cochón, O Cruceiro de Cruces, O Cruceiro de Marcos, Cudieiros, Figueirido, Insuela, A Lagoíña, O Lixó, A Lomba, O Miñoteiro, Modorróns, Mondelo, Mourelos, O Muíño Vello, Palmeira, A Pedriña, O Porto, A Revolta, As Robaleiras, A Rochela, Rosende, O Rueiro do Adro, O Rueiro do Porto, As Saíñas, San Pedro, Ventín



Ribeira
     Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Barbanza. 




     Segundo o IGE en 2014 tiña 27.565 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio é «ribeirense».


Situación

     O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia.



Orografía e hidrografía
     A maior parte do territorio ocúpano as estribacións da serra do Barbanza, de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.



     Merece especial consideración o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural.


Demografía
     Censo total (habitantes) 27.565 (2014)



Historia
     Como en toda A Barbanza, abundan os restos megalíticos, entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos. Da idade do bronce é a Pedra das Cabras, petróglifo situado a parroquia de Palmeira.



     Da época castrexa destacan dous poboados: o castro do Monte da Cidá e mailo castro de Artes.


      Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salgadura e no século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.


Festas e celebracións
     Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán. A festa da Dorna ten lugar entre o 20 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "voo sen motor", a "regata de embarcacións feitas a machada" ou o "gran prix de carrilanas". 



     Cómpre destacar que é unha festa que consta de "idioma propio". É unha festa desfrutada por todos, na que toda a cidade se bota á rúa con gañas de divertirse e gozar desta festa esperada por todos os habitantes.


     Tamén teñen importancia as festas de agosto, onde as atraccións, barracas e tómbolas se apoderan dalgunhas rúas ribeirenses. Son amenizadas con orquestras e concertos de artistas tanto nacionais como internacionais.


Parroquias de Ribeira
     Aguiño (Nosa Señora do Carme), Artes (San Xián), Carreira (San Paio), Castiñeiras (O Bo Pastor), Corrubedo (Santa María), Oleiros (San Martiño), Olveira (Santa María), Palmeira (San Pedro), Ribeira (Santa Uxía)


MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901