IGREXA DE SANTA MARÍA DE DOZÓN
DOZÓN
Dozón
Santa María de Dozón é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Dozón.
Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 214 habitantes (107 mulleres e 107 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 369 habitantes.
Historia
Santa María de Dozón integrou en 1890 a antiga parroquia de San Pedro do Mosteiro que foi suprimida no plan de arranxo da diocese lucense.
Patrimonio histórico
Nesta parroquia, no lugar do Mosteiro, está situada a Igrexa de San Pedro de Vilanova de Dozón.
Dozón
Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 1174 habitantes.
Xeografía
O concello está situado no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao nordeste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense).
Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.
Está situado nas terras altas do val do río Deza, na vertente Oeste da Dorsal Occidental Galega, nos contrafortes das serras do Faro e dos montes do Testeiro, a altitude media é superior os 740 m.
O teito do concello constitúeo a Pena de Francia, de 914 m. Tamén destacan os montes Cubelos (833 m) e A Gándara (870 m), estas elevacións forman a divisoria das augas das concas do Miño e do Ulla, e Coto da Lebre (770 m).
Neses montes nacen diversos ríos e regatos, que conforman unha extensa rede fluvial. O río Asneiro, tamén chamado Dozón, nace nas proximidades da Pena de Francia.
Dá nome á zona, e é popularmente coñecido coma Deza debido a un erro ortográfico na cartografía do século XIX.
Comarca de Deza
A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.
Xeografía
SituaciónA comarca de Deza vén coincidir co centro xeográfico de Galicia.
Limita ao norte coas comarcas coruñesas de Santiago, Arzúa e Terra de Melide, ao sur coa do Carballiño (Ourense), ao leste coas de Ulloa e Chantada (Lugo) e ao oeste coa de Tabeirós-Terra de Montes.
MAPA
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901