LAGAR DE CERA DA CONGOSTRA
A CONGOSTRA
A LAMOSA
COVELO
O Lagar da cera
Este antigo lagar de cera está feito a base de perpiaño granítico e cachotería, de planta rectangular.
No interior aínda se conservan as tres pías de pedra onde se separaba a cera do resto das impurezas, a viga de madeira e o taco de prensar a caera feito en pedra (o único feito en pedra que se coñece ata o momento).
Ao seu carón, e pegado a un dos seus muros, podemos ver unha edificación adxectiva de menor tamaño, que posiblemente funcionara de almacén.
Próximo ao lagar podemos ver tamén a Cruz cuberta da Congostra
Curadoiros ou eiras da cera
Os curadoiros ou eiras da cera son espazos arquitectónicos ao aire libre, cubertos con lousas de pedra e que adoitan formas diversas, podendo estar a rentes do chan ou elevados.
Normalmente están orientados cara ao sur, sen ningún obstáculo que produza sombra para favorecer o mellor aproveitamento da insolación.
Son estruturas rectangulares, compostas por grandes lousas de granito, traballadas pola cara visíbel cunha leve inclinación.
Conforman un empedrado perfecto e moi ben traballado que remata en todo o seu perímetro, nunha sorte de bordo feito en pedra elevado sobre a superficie da eira. Estes curadoiros poden chegar a ter unha superficie de 132 m2.
Usábanse para branquear a cera ao sol (que era estendida sobre a súa superficie durante varios días).
Con este proceso conseguíase que o efecto fotoquímico da radiación solar tornase a cera amarela en branca (chamada popularmente “cera esperma”).
VIDEO
MAPA
Fuentes: Web Patrimonio Galego
Comunidade de Montes de Paraños
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901