miércoles, 5 de marzo de 2025

IGREXA DE SAN SALVADOR DA O - O CASTRO - DOZÓN

 IGREXA DE SAN SALVADOR DA O

O CASTRO

DOZÓN

       A parroquia de San Salvador da O é a segunda de maior poboación de todo o Concello, que se asenta nos lugares de Abeledo, Cadaval, Candedo, Castro, A Edreira, Aldea de Arriba, Mizoite de Arriba, Mizoite de Abaixo e Reboredo. 

      É a parroquia que alberga o único núcleo urbano de todo o Concello, Ou Castro, que é a capital tamén do mesmo, sendo o lugar onde está a Casa do concello e o Centro de Saúde, así como demais servizos recreativos como a Piscina ou o Campo de Fútbol.

     A Igrexa parroquial de San Salvador da O, conta cos engadidos barrocos que destacan na a súa portada e no campanario, chamando a atención o foso que ten no seu acceso ao atrio. 

      Temos que destacar que nos lindes da Parroquia co veciño Concello do Irixo, podemos atopar a Mámoa de Segade e o Menhir de Brañas de Lagorzos, os cales se atopan xusto no lindeiro e que mostran as pegadas do Mosteiro de Oseira coas súas insignias, remarcando unha relación xa coñecida, e definindo ao mesmo tempo o espazo de influenza do mesmo.

Dozón
     Dozón é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 1174 habitantes.

Xeografía
      O concello está situado no nordeste da provincia de Pontevedra. Limita ao noroeste con Lalín, ao nordeste con Rodeiro, e ao sur co Irixo e Piñor (provincia de Ourense).

      Con 75 km², é o municipio máis pequeno da comarca do Deza. Ten 8 parroquias e 54 aldeas, sendo a capital O Castro.

       Está situado nas terras altas do val do río Deza, na vertente Oeste da Dorsal Occidental Galega, nos contrafortes das serras do Faro e dos montes do Testeiro, a altitude media é superior os 740 m.

     O teito do concello constitúeo a Pena de Francia, de 914 m. Tamén destacan os montes Cubelos (833 m) e A Gándara (870 m), estas elevacións forman a divisoria das augas das concas do Miño e do Ulla, e Coto da Lebre (770 m).

      Neses montes nacen diversos ríos e regatos, que conforman unha extensa rede fluvial. O río Asneiro, tamén chamado Dozón, nace nas proximidades da Pena de Francia.

     Dá nome á zona, e é popularmente coñecido coma Deza debido a un erro ortográfico na cartografía do século XIX.

Comarca de Deza
     A comarca de Deza é unha comarca da provincia de Pontevedra e a súa capital é Lalín. Pertencen a ela os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

       A súa poboación é de máis de 40.000 habitantes. O Deza coincide coa antiga comarca de País do Deza, isto é, as xurisdicións de Deza, Camba, Dozón, Trasdeza, Carbia e Valquireza.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901