MUIÑO DOS CAMPOS
TABOADELO
PONTE CALDELAS
RÍO VERDUGO
Taboadelo
Santiago de Taboadelo é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.
Segundo o IGE no 2017 tiña 204 habitantes (110 homes e 94 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ós padróns anteriores.
Historia
No libro Manuel Murguía, de Vicente Risco, menciona que en Taboadelo aínda se celebraba "A xunta dos homes".
Trátase dunha asemblea rural con cargos vitalicios (repúblicos, todos os homes casados da parroquia) e electos cada ano (mordomo, elixido cada 1 de xaneiro).
Festas
Desde o ano 2004 celébrase na parroquia a Festa do Muíño, á beira do río Verdugo. Desde a restauración do muíño de Abaixo, por parte da Asociación de Veciños O Carballo, a penúltima fin de semana de xuño prográmanse degustacións gastronómicas e actos lúdicos e musicais, con zona de acampada.
Lugares de Taboadelo
Taboadelo, Verdugo
Río Verdugo
O Verdugo é un río galego da provincia de Pontevedra, cuia desembocadura sitúase no fondo da ría de Vigo.
Percorrido
O Verdugo nace a 760 m de altura no monte do Outeiro Grande, na aldea de Cernadelos (Santa Mariña de Presqueiras, Forcarei).
No seu primeiro tramo baixa encaixado atravesando os concellos de Beariz, A Lama e Ponte Caldelas, facendo un val máis amplo na súa entrada en Soutomaior.
No seu último tramo serve de fronteira entre Soutomaior e Pontevedra, desembocando entre Arcade e Ponte Sampaio.
No concello de Ponte Caldelas atravesa os pasos da Fraga, onde se conservan varios muíños e un peto de ánimas. Despois de formar a praia fluvial da Calzada, na vila de Ponte Caldelas hai un paseo fluvial, a carón do antigo balneario, onde hai un monumento ao pescador.
Características
O seu afluente principal é o río Oitavén, que se lle une pola esquerda, en Ponte da Barca, e que desenvolve un percurso de lonxitude similar á do Verdugo, desde o seu nacemento até a confluencia (32 km).
De modo que ás veces se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común é de 7 km), e máis se ten en conta que o caudal do Oitavén é superior.
Outros dos seus afluentes son o Calvelle e o Barbeira.
O tamaño total da conca é de 357 km² (177,7 km² corresponden á bacía do Oitavén). O caudal absoluto do Verdugo na desembocadura é de 17 m³/s (o do Oitavén, antes da confluencia, atinxe os 10,5 m³/s).
O Verdugo e os seus afluentes son ríos de réxime pluvial. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1884 mm anuais.
Aproveitamento
No Verdugo sitúanse tres encoros: os de Feixa I e Encoro de Feixa II, localizados no concello de Ponte Caldelas e máis o encoro da Ponte do Demo, no de Soutomaior. Son de potencia inferior a 10 Mw.
O río Verdugo ten sona pola pesca da troita.
O último domingo de maio celébrase en Ponte Caldelas a festa da troita e o concurso internacional de pesca de salmónidos.
Nota:
Graciñas Fernando Orge, por a aventura, dou unha chea de traballo chegar a este sitio.. GRAZAS
VIDEO
MAPA
SÍGUENOS:
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901