lunes, 30 de noviembre de 2020

MUIÑO DOS CORTELLOS - CONS MOURENTE - RÍO LEREZ

 MUIÑO DOS CORTELLOS

CONS

MOURENTE

RÍO LEREZ

Río Lérez
     O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra. Parte do seu curso é unha área protexida galega, o ZEC río Lérez.

Curso
     Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e, finalmente, Pontevedra.

     Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei. 

Mourente
     Santa María de Mourente é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.

     Segundo o INE no 2018 tiña 2016 habitantes (1066 mulleres e 950 homes), 89 menos ca en 2008. Ten 27 entidades de poboación.


Patrimonio
     A igrexa parroquial está dedicada a Santa María, padroeira da parroquia na súa advocación da asunción. O remate da construción do templo e do seu adro data de 1769. Ten unha planta de cruz latina dunha soa nave e é de estilo barroco con influencia do neoclásico, sobre todo na súa fachada. Para a súa construción empregáronse materiais da antiga igrexa medieval.

     No interior da igrexa encóntrase o famoso Mouro de Mourente, un atalante de gran tamaño esculpido en granito e que sostén o púlpito. O Mouro de Mourente é obxecto dunha lenda difundida por Antonio Blanco Freijeiro no álbum Pontevedra, boa vila (1947) do debuxante Agustín Portela Paz.


Ademais da igrexa parroquial hai tres capelas na parroquia:

        A capela de san Mamede (de estilo románico, dos séculos X e XI) situada en Moldes, foi trasladada no século XX para o interior do cemiterio municipal de San Amaro tras ser adquirida polo concello. É de estilo románico, con planta dunha soa nave e ábsida rectangular dividida en dous corpos, reforzados por contrafortes e bóveda de canón apuntada.

    A capela de Santa Margarida, de estilo románico, acolle no seu adro un carballo centenario de sona que está incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.


    A capela de San Amaro está a carón do camposanto municipal do mesmo nome.

Festas
     O 15 de agosto celébrase a festa patronal. Tamén se conmemora o día da Virxe do Carme (domingo anterior ao 16 de xullo) e santa Margarida (primeiro domingo de agosto).
     En marzo celébrase a festa gastronómica do caldo galego.

Lugares de Mourente
    Areás, A Bouza, Os Campos, Carabelos, Casas Novas, Condesa, Cons, Eirós, Freixeiro, A Laxe, Moldes, Monte Porreiro, O Monte, Mourente, O Outeiro, O Pazo, A Raxeira, San Amaro, Santa Margarida, Vilaverde 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901