lunes, 30 de noviembre de 2020

MUIÑO E ALDEA ABANDONADA DE CHAN - TENORIO - RÍO LEREZ - CERDEDO - COTOBADE

MUIÑO E ALDEA ABANDONADA DE CHAN

RÍO LEREZ

TENORIO

CERDEDO COTOBADE

Río Lérez
     O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra. Parte do seu curso é unha área protexida galega, o ZEC río Lérez.

Curso
     Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e, finalmente, Pontevedra.

     Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei.


Tenorio
     San Pedro de Tenorio é unha parroquia do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.


     É a parroquia con maior poboación do concello.


     Segundo o IGE en 2015 tiña 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento de 13 persoas en comparación co ano 2006.

     Limita ao norte con Fragas (Campo Lameiro) e Viascón, ao sur con Almofrei e Borela, ao leste con Viascón, Rebordelo e Borela, e ao oeste con Xeve e Bora.

     Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.

     Pola parroquia discorre a estrada N-541.


Patrimonio
     No lugar de Parada está o Coto das Rodelas, os restos dun poboado castrexo da idade de ferro.

     Na parroquia está o mosteiro de San Pedro de Tenorio, e preto del atopábase o castelo de Tenorio, derrubado na Gran Guerra Irmandiña.

     Neste castelo naceu o nobre medieval Alonso Jofre Tenorio, fillo de Diego Alonso Tenorio, que participou xunto ao rei Afonso X o Sabio en varias campañas militares.

 Lugares de Tenorio
Barro, A Cal, Calvelo, O Castro, Covas, A Esquipa, A Laxe, Lérez, O Outeiral, Parada, Rascadería, O Río Tenorio, A Torre Vella, Tralasmós, Vilanova, Zamar 


Cerdedo-Cotobade
     Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.


     Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km².

     Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.


Patrimonio arqueolóxico

    Calzada do monte Pé da Múa.
    Petróglifos de Pedra das Ferraduras, na parroquia de San Xurxo de Sacos e de Portela da Laxe, na parroquia de Viascón.

Patrimonio arquitectónico
    Igrexa de San Martiño de Rebordelo.
    Igrexa de San Xurxo de Sacos.
    Igrexa de Santa María de Sacos.
    Mosteiro de San Pedro de Tenorio.
    Ponte sobre o río Lérez.
    Capela de Santo Antón en San Xoán de Cerdedo.
    Capela de San Bartolomeu en Chamadoira.


Festas e celebracións
    A festa da vincha, celebrada durante o entroido en Cerdedo;
    A festa do xabarín, celebrada en abril en Cerdedo;
    A rapa das bestas, celebrada no mes de agosto en Cuspedriños;
    A festa do requeixo, celebrada en xuño en Corredoira;
    A festa da filloa, celebrada en setembro en Valongo.


Parroquias de Cerdedo-Cotobade
     Aguasantas (Santa María), Almofrei (San Lourenzo), Borela (San Martiño), Carballedo (San Miguel), Caroi (Santiago), Castro (Santa Baia), Cerdedo (San Xoán), Corredoira (San Gregorio), Figueiroa (San Martiño), Folgoso (Santa María), Loureiro (Santiago), Parada (San Pedro), Pedre (Santo Estevo), Quireza (San Tomé), Rebordelo (San Martiño), Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo), Tenorio (San Pedro), Tomonde (Santa María) Valongo (Santo André), Viascón (Santiago)  

VIDEO

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901