SANTUARIO DA VIRXE DA SALETA
SIADOR
SILLEDA
Santuario da Virxe da Saleta
Dende que no ano 1846 tivo lugar a aparición nos Alpes da Virxe, o acontecemento propagouse por toda Europa.
A nova chega ó coñecemento de Francisco Mª de Rivas, quen funda o Santuario na súa honra na parroquia de Siador, convertíndose no primeiro Santuario de España en 1863 con advocación mariana en hora á Nosa Señora da Virxe da Saleta.
A devoción á Virxe da Saleta sigue medrando e así, encargaron unha talla da imaxe da Virxe en madeira, realizada polo escultor Magariños de Santiago quen a remata a finales de maio de 1864.
O 26 de xuño de 1864 foi trasladada a Siador a hombros dende a capital galega, sendo acompañada dunha gran afluenza de devotos. Nace así a aprobación canónica e de culto do primeiro Santuario Saletino de España.
No ano 1984 o Santuario e a parroquia pasan a ser atendidos pastoralmente por Padres Saletinos procedentes da comunidade de Valladolid, e con posterioridade, no ano 1986, inaugúrase o Centro Espiritual e a Casa de Oficios da Comunidade Misioneiros.
No ano 2001 constitúese a "Fundación Santuario de Nosa Señora da
Saleta" co obxeto de difundir o legado saletino, así coma o impulso do
Santuario en todo aquelo que afecta á conservación e mellora do mesmo e
do seu entorno
Siador
Esta parroquia figura co nome de Senator e Seador en varios documentos medievais, e da súa antigüidade dan boa conta O Castro do Marco e o de Cartimil, as mámoas de Montedas e Gandaracha e sobre todo os petróglifos da Peneda do Encanto coas lendas cargadas de fantasía, de galiñas e pitos de ouro.
Pero a parroquia é coñecida internacionalmente por atoparse nela o Primeiro Santuario de España (1863) de advocación mariana na honra da Nosa Sra. Da Virxe da Saleta, que tódolos anos, cada 18 e 19 de setembro, convoca a milleiros de peregrinos.
Na actualidade existe tamén un Centro Espiritual saletino rexentado por misioneiros da orde, para profundizar sobre o fenómeno mariano. Na contorna un camping, carballeiras centenarias e o Pazo de Sestelo dos Rivas do S. XVIII, que promoveron este santuario.
Preto, en Penadagra, tamén merece unha visita a Sobreira de Siador de máis de 600 anos inscrita no catálogo de Árbores Singulares de Galicia no ano 2009. Completarían a visita o Cruceiro de Lázara no lugar de Siador e o Peto de Ánimas do Marco de 1868.
Outra festa con data fixa no calendario de festas do Concello é a Romaría do Rapaz, celebrada por primeira vez no 1989 e organizada por e para os nenos con actividades lúdico-didácticas.
Se isto fose pouco, hai trazada unha ruta de sendeirismo coñecida como Senda da Saleta.
Festividades:
Patrón: San Miguel. 29 de Setembro
Nosa Sra. da Saleta. 18 e 19 de Setembro.
Lugaresde Siador:
A Barcia, Barro, Cartimil, Cóscaros, Costoia, O Currelo, O Marco, O Outeiro, Penadagra, Sestelo, Siador, O Campo, A Gouxa, O Redondo.
MAPA
SÍGUENOS:
Fuentes: Web Turismo de Silleda
Web Turismo Rías Baixas
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901