lunes, 23 de noviembre de 2020

MUIÑO DA EIRA - CONDESA - MOURENTE

 MUIÑO DA EIRA

CONDESA

MOURENTE

Mourente
     Santa María de Mourente é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra.

     Segundo o INE no 2018 tiña 2016 habitantes (1066 mulleres e 950 homes), 89 menos ca en 2008. Ten 27 entidades de poboación.

Historia
     Mourente constituíu concello de seu entre 1841 e 1867, abranguendo as freguesías de Bora, Marcón e Tomeza. O núcleo urbano de Monte Porreiro viviu un espectacular crecemento demográfico desde mediados do século XX.

      Na segunda netade do século XX Mourente tornouse unha parroquia periurbana. Ao estremar polo oeste coa cidade de Pontevedra, a parroquia viuse profundamente afectada polo desenvolvemento urbano desta última.

     É a parroquia do concello de Pontevedra que máis poboación perdeu polo éxodo urbano, cunha diminución de máis dun 30% entre 1981 e 2012.

     Así e todo, a viciñanza con Pontevedra tamén implicou a creación en Mourente de infraestruturas clave. De feito, na parroquia encóntrase un centro adscrito á Universidade Nacional de Educación a Distancia, así como a Cidade Infantil Príncipe Felipe, dependente da Deputación de Pontevedra e o hospital de Montecelo, que forma parte do Complexo Hospitalario de Pontevedra.


Patrimonio
     A igrexa parroquial está dedicada a Santa María, padroeira da parroquia na súa advocación da asunción. O remate da construción do templo e do seu adro data de 1769. Ten unha planta de cruz latina dunha soa nave e é de estilo barroco con influencia do neoclásico, sobre todo na súa fachada. Para a súa construción empregáronse materiais da antiga igrexa medieval.

     No interior da igrexa encóntrase o famoso Mouro de Mourente, un atalante de gran tamaño esculpido en granito e que sostén o púlpito. O Mouro de Mourente é obxecto dunha lenda difundida por Antonio Blanco Freijeiro no álbum Pontevedra, boa vila (1947) do debuxante Agustín Portela Paz.


Ademais da igrexa parroquial hai tres capelas na parroquia:
        A capela de san Mamede (de estilo románico, dos séculos X e XI) situada en Moldes, foi trasladada no século XX para o interior do cemiterio municipal de San Amaro tras ser adquirida polo concello. É de estilo románico, con planta dunha soa nave e ábsida rectangular dividida en dous corpos, reforzados por contrafortes e bóveda de canón apuntada.

    A capela de Santa Margarida, de estilo románico, acolle no seu adro un carballo centenario de sona que está incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galicia.


    A capela de San Amaro está a carón do camposanto municipal do mesmo nome.

Festas
     O 15 de agosto celébrase a festa patronal. Tamén se conmemora o día da Virxe do Carme (domingo anterior ao 16 de xullo) e santa Margarida (primeiro domingo de agosto).
     En marzo celébrase a festa gastronómica do caldo galego.

Lugares de Mourente
    Areás, A Bouza, Os Campos, Carabelos, Casas Novas, Condesa, Cons, Eirós, Freixeiro, A Laxe, Moldes, Monte Porreiro, O Monte, Mourente, O Outeiro, O Pazo, A Raxeira, San Amaro, Santa Margarida, Vilaverde

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 

XOAN ARCO DA VELLA


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901