miércoles, 11 de noviembre de 2020

CAPELA DAS PORTAS ABERTAS - PAIZÁS - RAMIRÁS

 CAPELA DAS PORTAS ABERTAS

PAIZÁS

RAMIRÁS

 CAPELA PORTAS ABERTAS
      Trátase dunha capela de grandes dimensións: un soportal amplo diante da entrada con notable porta dobre e de tres corpos, que pecha o arco de medio punto de entrada. 

     Longa nave e presbiterio separado por arco triunfal, en cuxo centro hai un retablo dieciochesco de estípites. Sobre a porta lateral a inscrición data a cabeceira para mediados do século XVII.



Historia, patrimonio e recursos turísticos de Ramirás
     É Ramirás un Concello creado en 1926, tras a fusión dos antigos de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza de outrora priorado de Celanova, san Salvador de Paizás, era chamado así mesmo nos tempos antigos "de Eiras", sabendo pola documentación do mosteiro que era o nome que se lle daba entón ao río Tuño, eixo e centro destas terras desde os primeiros rexistros históricos a fins da Alta Idade Media.

     No ano 2005 o centro do Concello está en O Picouto (parroquia de Freás), á beira da estrada comarcal nº 531 o novo eixo que de Leste a Oeste vertebra o ritmo dos tempos cara Cortegada e os límites da galeguidade na fronteira portuguesa. Pero parte, como nas épocas antigas, de Celanova, a cabeza comarcal.

     Hoxe en día fanse grandes cambios en pouco tempo, que transforman o espazo, e alteran a percepción dos recordos gravados nas memorias colectivas.

     O cambio da actividade produtiva no últimos trinta anos fixo que se abandonasen seculares usos no campo e no bosque, o que afectou á vida e ás propias vivendas. 

     Así as agrupacións de hórreos á beira das leiras, tan necesarias para conseguir o pan, hoxe son conxuntos de protección especial cómo ben cultural, concepto do patrimonio histórico que comezou a aplicarse en España lentamente desde 1960, e que os emigrantes do Concello podían captar con facilidade nos seus lugares de acollida; proceso que non se produciu entre nós ata fai uns quince anos.

     As imaxes simbólicas principais continúan sendo as das igrexas parroquiais; pero hai novos símbolos en case todas elas e, sobre todo, na capital municipal. Á beira delas están os novos edificios, e os parques e xardíns.


Terra de Celanova
     A Mancomunidade Terra de Celanova está integrada por oito concellos; Celanova, A Merca, Verea, Quintela de Leirado, Gomesende, Pontedeva, Ramirás e Cartelle.

       A Mancomunidade Terra de Celanova está situada na provincia de Ourense, linda cas comarcas ourensanas de: Ourense e o Ribeiro, ao norte; ca de Allariz-Maceda e A Limia, polo leste; ca Baixa Limia, ao sur; cas comarcas do Ribeiro e provincia de Pontevedra, ao oeste; e con Portugal, ao sur.

     Celanova sitúase xeográficamente no centro da comarca da provincia de Ourense da que se constitúe como capitalidade e a que lle da o nome, Terra de Celanova. Está situada ao suroeste da provincia de Ourense, distando 24 kilómetros da súa capital.


MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: WebTerra de Celanova

XOAN ARCO DA VELLA


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901