jueves, 1 de mayo de 2014

PASOS DE VILAN - RIO OITAVEN

 PASOS DE VILAN
RIO OITAVEN
VILAN
FORNELOS DE MONTES


 POLDRAS OU PASOS
     As pondras ou pasos, son pedras colocadas no río de maneira que permiten pasar o que se dí a pé enxoito. Si o río non vai moi cheo, pode pasar unha persoa, saltando de pedra en pedra. 


     Están situadas nos vados, é decir, naqueles lugares dos ríos onde hai moi pouca profundidade, 20 a 30 cms. As bestas e o gando poden normalmente pasar a beira.



     Non me resisto a describir o seu paso, gráficamente,  en palabras de X. Lorenzo Fernández "Prás pasar, compre brincar dunhas a outras e como se leva a ollada fixa nelas, o movimento da i-auga pode "barrel-a-vista" se non vai con certo cuidado".



     Cada unha das pedras chámase pasal, inda que tamén se utiliza a palabra completa para indicar o conxunto.



FORNELOS DE MONTES
     Fornelos de Montes é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE, no ano 2009 a súa poboación era de 1.976 persoas. O seu xentilicio  é «fornelense».



     O concello sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra. Está formado por sete parroquias con 24 núcleos de poboación. Limita ao norte coa Lama e Ponte Caldelas, ao oeste con Soutomaior e Pazos de Borbén, ao sur con Mondariz e Covelo e ao leste con Covelo e Avión (provincia de Ourense).



     A zona montañosa da franxa leste pertence á serra do Suído. Nela están os cumios de Couto Minuto (1.059 m) e Outeiro Vello (1.007 m). Cara ao oeste as altitudes van diminuíndo, pasando a un territorio caracterizado polos vales fluviais.



     Os río máis importante é o río Oitavén, no que se sitúa o encoro de Eirás, que abastece a Vigo e parte da súa comarca. O río Parada, que nace na serra do Suído, aflúe na marxe esquerda do Oitavén. 


    O río Barragán, tamén afluente do Oitavén pola marxe esquerda, ten no tramo final, antes do encoro de Eirás, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado.



     Climaticamente caracterízase polas fortes choivas, sendo un dos concellos galegos con maiores precipitacións (até 2.862 mm anuais). Isto causa frecuentes correntes de auga, que co paso do tempo conformaron pequenos fervenzas de curso inestable. As temperaturas adoitan ser suaves nos meses de maior calor (17 °C en xullo) e frías en inverno (5 °C en febreiro).



     Este municipio está formado por 7 parroquias, Calvos (Santo Adrián), As Estacas (Santa María), Fornelos de Montes (San Lourenzo), A Laxe (San Xosé), Oitavén (San Vicente), Traspielas (Santa María) y Ventín (San Miguel).


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
Fuentes : Rios galegos

1 comentario:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901