IGLESIA DE RIBASALTAS
OUTEIRO
MONFORTE DE LEMOS
Os distintos templos románicos da Ribeira Sacra que teñen en común a súa proximidade ao camiño de Santiago que os peregrinos empregaban no inverno.
A obra de maior relevancia en Galicia do románico é a catedral de Santiago, pero hoxe ocuparémonos dos pequenos templos e mosteiros rurais que tamén tiveron un papel de suma importancia.
Monforte de Lemos
Monforte foi, en época medieval, un singular exemplo de cudade- fortaleza feudal, ó redor dun monasterio, cun castelo situado sobre un estratéxico montículo (O Monte de San Vicente) e rodeado por un recinto amurallado salpicado de torres defensivas.
Do castelo sobresae a Torre da Homenaxe, ben conservada e restaurada no seu interior, dende a súa cima divisase o val de Lemos surcado polo curso fluvial do Cabe. A vista e o atractivo que teñen os castelos, fan desta, unha parada obrigada.
Monasterio de San Salvador
O Mosteiro das Bernardas, primeiro foi beneditino e despois cisterciense pero sempre estivo reservado a mulleres. É o único de toda Galicia que conservou sa súa función desde a súa creación ata hoxe.
Foi construído en varias etapas ao longo de cinco séculos. A egrexia románica é do século XII. O claustro do XV e o resto do XVIII.
Está arrodeado por unha muralla. Na porta de acceso ao recinto podemos ver o escudo da Orde do Císter de Castela. O mosteiro, ten un claustro no que se atopa o sepulcro da condesa dona Fronilde, abadesa do mosteiro durante a súa época de maior esplendor no século XII.A egrexia é de planta rectangular, cunha soa nave e aside semicircular. l cister.
Neta egrexia está soterrado don Diego de Lemos, líder das Revoltas Irmandiñas, e o seu fillo.
Revoltas Irmandiñas: Desenvolvéronse en Galicia no século XV e nelas os campesiños, axudados dalgúns nobres, enfrontáronse ao poder feudal, destruíndo un gran número de fortalezas.
San Miguel de Eiré
Trátase dunha obra esbelta, elegante e compacta á vez. Lembra ao prerrománico asturiano e pertenceu a un pequeno mosteiro beneditino fundado ao comezos do Sg. XII por unha nobre chamada Excladia Ordoñez.
Hai restos prerrománicos que denotan a existencia dunha construción anterior, aínda que do antigo mosteiro so se conserva a egrexia que pertence á segunda metade do S. XII. Para algúns autores o aspecto deste campanario evidencia a súa función defensiva. É unha das más orixinais do románico galego.
Iglesia de San Fiz de Cangas
Foi construída entre os séculos XI e XIII, como templo dun convento de monxas beneditinas. No século XVII practicáronse algunhas reformas e engadiuse a capela de Torrenovais, que alberga o sepulcro de don Rodrigo López de Quiroga. Pero desde moitos séculos antes, na época visigoda, este emprazamento xa acollía un mosteiro.
San Fiz de Cangas conta cunha soa nave disposta en planta rectangular. No interior consérvanse retablos dos séculos XVIII e XIX, ademais da figura orante de don Rodrigo López de Quiroga.
D. Rodrigo López de Quiroga, foi un dos persoeiros máis salientables da casa de Espasantes. Estivo alistado nos terzos españois que serviron nas guerras de Italia; en dita contenda destacou polo seu valor e táctica militar, sendo ascendido a Capitán, Sarxento Maior e Maesse de Campo; séndolle concedido no 10 de xullo de 1619 o título de Cabaleiro do Habito de Santiago e anos máis tarde comendador de Anguera. Faleceu nos estados de Milán, mais concretamente na cidade de Lodi
Santo Estevo de Atán
Todo parece indicar que aquí existiu un centro relixioso suevo, aínda que non sería ata os séculos XII-XIII cando se construíu esta egrexia románica, como parte dun mosteiro que hoxe xa non existe.
En épocas posteriores leváronse adiante diversas obras de reforma. A egrexia conta cunha soa nave, con cuberta a dúas augas. O aside, rectangular, está cerrado por unha bóveda de canón. En diversos puntos de seus muros pódese distinguir marcas, presumiblemente realizadas polos canteiros que traballaron na súa construción.
Outro elemento de interese é a decoración do aleiro. Tamén prestaremos atención á tres xanelas de primitiva estética que atoparemos no arco de acceso ao aside (unha) e nos muros da reitoral (as outras dúas).
San Vicente de Pombeiro
Este lugar merece unha mención aparte; en primeiro lugar pola beleza do enclave e en segundo pola singularidade do templo. Como é habitual en moitas outras egrexias da zona, San Vicente do Pombeiro formou parte, dun mosteiro do que hoxe xa non quedan máis que algunhas pegadas.
A egrexia foi construída entre os séculos XII e XIII, aínda que en etapas posteriores sofreu diversas reformas. A diferenza das outras, esta é de planta basilical, con tres naves e outros tantos asides semicirculares.
A particular entrada principal está disposta entre dous contrafortes. Na parte superior veremos seis arcos decorados con cabezas humanas e formas xeométricas, conxunto que recibe o nome de "guardachuvas".
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901