lunes, 6 de julio de 2020

REAPERTURA DO CAMIÑO - ALBERGUE DE PEREGRINOS DE PONTEVEDRA

 REAPERTURA DO CAMIÑO
CAMIÑO PORTUGUES 
ALBERGUE DE PONTEVEDRA



     Logo de máis de tres meses pechado pola pandemia de covid-19,o día 1 de xullo coa reapertura da fronteira entre Galicia e Portugal púxose en marcha novamente o Camiño Portugues a Santiago de Compostela.


      Nós esperamos na compañía do presidente da Asociación Amigos e Amigas do Camiño PortuguesTino Lores, a chegada do primeiro peregrino ao albergue de Pontevedra.


 
     O primeiro peregrino que chegou foi Adrian Álvaro Sacedo, un pergrino madrileño de 27 anos de Torrejón de Ardoz .



      Adrian é a segunda vez que realiza o Camiño de Santiago, a última xa fai dez anos. Logo dun intre de charla contounos que o Camiño é agora totalmente diferente, en principio por que non atopou case a ninguén e nesta ocasión polas extrictas medidas de seguridade que se atopou á chegada ao albergue de Pontevedra.


      Comentounos que é profesor de bioloxía e emprendeu neste momemento o Camiño para esquecerse da pandemia do coronavirus, que padeceu nas súas propias carnes, e ademais levouse por diante a algún familiar directo.


     Tamén aproveitamos a ocasión para falar con Tino Lores das estritas medidas de seguridade que hai no albergue e da situación no Camiño neste momento.


      Decíanos Tino que saiban en Canadá, Australia, EEUU ó Brasil.... que no albergue de Pontevedra os peregrinos serán recibidos como se merecen e tomando todas as medidas de seguridade que esten ao alcance das súas mans.



      Comentounos tamén que todos os hospitaleiros recibiron formación das pautas a seguir e os novos protocolos que rexen nestes momentos. Tamén da redución substancial de aforo de peregrinos que poden pernoctar no albergue, que dos 72 que había antes da pandemia o máximo agora é de 22 .



     Preguntámoslle  cales son as previsións do Camiño cando a principios de ano falábase de case 100.000 peregrinos, logo dun crecemento espectacular que no ano 2019 foi de 95 mil, este ano as previsións son de unha caía de máis dun 95%.

 

     De todos os xeitos estamos convencidos de que tamén o Camiño vai superar a pandemia do covid-19 e para o ano 2021 estamos convencidos da recuperación do Camiño Portugues e dos demais Camiños a Santiago de Compostela vai ser moi substancial.



     Agradecer a Adrian a Tino e os hspitaleros do albergue de Pontevedra o intre que nos dedicaron, SOTE DESTA SAIMOS.


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901