lunes, 20 de julio de 2020

PRESENTACIÓN DE "MIGRATOIRA" - ANDREA FERNÁNDEZ MANEIRO

PRESENTACIÓN DE "MIGRATOIRA"
ANDREA FERNÁNDEZ MANEIRO
VILAGARCIA DE AROUSA


     O venres 17 de xullo, celebrouse en Follas Novas de Vilagarcía de Arousa, a presentación de Migratoria de Andrea Fernández Maneiro. Poemas que falan da emigración á que os galegos estamos tan afeitos.


     Migratoria está escrita desde o punto de vista dos que fican…, dos que agardan ou non agardan a volta de quen marcharen lonxe para acadar unha vida digna.


     Pensar, sentir, reflexións sobre como as familias dos emigrantes viven as idas, as esperas e tamén o retorno dos seus seres queridos que tanto se botan de menos.


     Hai moito tempo que Andrea escribe sobre emocións e sentimentos, en verso ou en prosa, pero tamén fai preciosas fotos e algunhas delas poderemos desfrutalas tamén neste poemario.



     No acto de presentación de Migratoria contouse coa presenza de María Xosé Porteiro, autora do delicioso limiar que introduce a poesía de Andrea.


 
     Tamén gozamos do bo facer de Manuel Dopico que deleitou coa súa música, completando un evento moi agradábel e ameno ao que asistiu un bo número de persoas, e no que se respectaron todas as normas de prevención establecidas para esta situación sanitaria que estamos a vivir.
¡Moitos éxitos Andrea!


VIDEO
VIDEO
VIDEO
MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Texto: Pilar Gómez Buhigas
XOAN ARCO DA VELLA

1 comentario:

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901