"ESPETALLE UN PINCHO - 2020
MORAÑA
51º FESTA DO CARNEIRO O ESPETO"
“Espétalle un Pincho” vai servir, a través da participación de cinco establecementos de hostalaría de Moraña e do chef Miguel Mosteiro, uns 1.500 petiscos das máis variadas formas de cociñar o carneiro.
Está previsto que se empreguen dous carneiros por cada participante, ata un total de doce e case 150 quilogramos de carne, xa que as pezas serán as habituais de Moraña de entre 11 e 13 quilos.
A iniciativa previa ao Carneiro ao Espeto comezará, este sábado, ás 19.00 horas cun showcooking a cargo do prestixioso cociñeiro Miguel Mosteiro, de Gastrolab Arousa, que preparará diversos pratos para unha trintena de persoas.
Os veciños interesados en asistir a este evento deben inscribirse previamente na Casa da Cultura de Moraña nestes días e deberán acudir, obrigatoriamente, con mascariña.
Tras este acto, comezará a degustación de petiscos, tamén na céntrica carballeira, cun novidoso formato de casetas co que se pretende darlle un pulo a “Espétalle un Pincho” e favorecer a seguridade sanitaria.
Os locais participantes que servirán o carneiro serán A Adega, Casa Varela, Café Bar O Congo, Vi Sports e Asador O Xavique e tamén fará o propio o citado chef co seu stand.
A xornada gastronómica estará animada coas actuacións de Pablo Balseiro e Os Cascarillas e marcará o punto de saída da ampla programación da 51ª Festa do Carneiro ao Espeto, que disporá de máis dunha vintena de actividades espalladas en algo menos de tres semanas ata o domingo 26 de xullo, día grande da exaltación do prato típico de Moraña.
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
We are an independent escorts agency providing Call Girls job in Noida. Call Girls job in hotels, We mainly targeted to the clients satisfaction and fully co-operative service providin you Escorts Girl Job in Noida. We never disclose any identity to any third person. We also provides accommodations,we are looking an independent girl who can work with independently as a Female Escorts Job in Noida.
ResponderEliminarThe recruitment will be on face to face interview and we need some pics for finalize the girls. The girls should be good looking to do Call Girls job in Noida, good body structure and can work with us independently. Any Girls from any city can join us for Escorts Girl Job in Noida and become a Call girls. We are hiring Female Escorts Job in Noida also.