viernes, 24 de julio de 2020

PETRÓGLIFOS DE A ERMIDA - BORRAXEIROS - AGOLADA

PETRÓGLIFOS DE A ERMIDA
A ERMIDA
BORRAXEIROS
AGOLADA


     Os petróglifos están nun afloramento rochoso cunha leve pendente orientada ao norte e a 80 metros ao oeste do punto onde se xuntan o Rego de Couso co Rego do Espiño, zona norte da aldea da Ermida.


     Están formando grupos en distintas rochas separadas por fendas que orixinan as diaclasas dos penedos en que se atopan. As Rochas con gravados máis visibles sitúanse na parte leste do penedo.


      Podemos distinguir ata tres espazos distintos onde podemos ver círculos concéntricos, algún deles cunha coviña central, e cruciformes. 


     O gravado máis complexo é un grupo que se compón dun debuxo de círculos concéntricos, cunha coviña central cunha liña que sae do centro deles e se comunica cun grupo de tres círculos máis pequenos cunha liña recta que fai de base e da que saen tres liñas máis, marcando tres direccións orientadas ao oeste.



Borraxeiros
     San Cristovo de Borraxeiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Agolada. 



     Segundo o IGE de 2013 tiña 267 habitantes (136 mulleres e 131 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 450 habitantes.


A Ermida
     A Ermida é un lugar da parroquia de Borraxeiros, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. 



     Segundo o INE, no 2008 tiña 18 habitantes (10 homes e 8 mulleres), o que supón unha diminución de 3 habitantes con respecto ao ano 2000.


Lugares de Borraxeiros
     A Bugalleira, Cabanelas, Castro, Cezobre, Couso, Cristín, A Ermida, A Guillerma, Meixide, O Penedo, As Penelas, A Ponte do Muíño, O Quinteiro, Reboredo, Rego Traveso, Sa, San Miguel, A Torre, A Vila, Vilanova 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901