PETROGLIFO OUTEIRO DE CODESO
SAN ANTONIÑO
PERDECANAI
BARRO
Petróglifos de Outeiro de Codeso
Grupo que inclúe catro bloques de granito con motivos xeométricos de círculos concéntricos con coviña central ou non, así como grupos de coviñas dentro de círculo ou repartidas pola superficie. Sinalar o gravado da rocha 3 que lembra os motivos oculados.
Cronoloxía e significado: desde o 3000 antes de Cristo ata a cultura castrexa.
O significado é complexo. Antes da aparición da escritura, estas sociedades de agricultores empregaban unha linguaxe simbólica.
Na actualidade non dispomos das claves para interpretar esta linguaxe, pero podemos achegarnos ao sentido xeral.
Hoxe ten vostede o privilexio de poder aprecialos na súa paisaxe orixinal
Perdecanai
Santa María de Perdecanai é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barro.
Segundo o INE en 2016 tiña 1048 habitantes (520 mulleres e 528 homes) 404 máis ca en 2004. Ten dez entidades de poboación.
Santo Antoniño
Santo Antoniño é unha vila da parroquia de Perdecanai, no concello pontevedrés de Barro.
En 2016 tiña 482 habitantes, 371 máis ca en 2006.
Neste lugar está a casa consistorial do municipio de Barro.
Está atravesado pola estrada N-550 de norte a sur.
Lugares de Perdecanai
Balixe, Canai, A Gándara, A Igrexa, Lourido, Parada, Porto Romeu, Rande, Santo Antoniño, Triabá, Valouta
Parroquias de Barro
Agudelo (San Martiño), Barro (San Breixo), Curro (Santa María), Perdecanai (Santa María), Portela (San Mamede), Valiñas (Santo André)
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901