miércoles, 15 de julio de 2020

PETRÓGLIFO DE PEDRA MIRTADA - SAN ANTONIÑO - PERDECANAI - BARRO

PETRÓGLIFO DE PEDRA MIRTADA
SAN ANTONIÑO
PERDECANAI
BARRO


Petróglifos do Outeiro da Pedra Mirtada
     Grupo que inclúe catro rochas con gravados: un grupo de cinco coviñas soltas e outras cinco en torno a unha liña, en xeral moi erosionadas. Nos bloques 1, 2, 3 con sinais de antiga extracción de pedra consérvanse grupos de pequenas cazoletas . No bloque 4, illado a ras do chan, unha cubeta rectangular ou muiño de soporte fixo ocupa a metade da pedra dividida por unha greta natural. 



     Na outra metade, unha curiosa coviña rectangular e outra circular. As coviñas son a temática máis representada na arte rupestre galega.


     A súa orixe pode ser moi antiga. Os muíños de soporte fixo son elementos para a moenda de plantas e minerais para uso ritual en celebracións sociais.



     Cronoloxía e significado: desde 3000 antes de Cristo ata a Idade Media, para as coviñas.


      O significado é complexo. Os petróglifos, son gravados rupestres prehistóricos, representan un fenómeno cultural único, polo seu interese como documento histórico e os seus valores estéticos. Hoxe ten vostede o privilexio de poder aprecialos na súa paisaxe orixinal.


Perdecanai
     Santa María de Perdecanai é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barro.



     Segundo o INE en 2016 tiña 1048 habitantes (520 mulleres e 528 homes) 404 máis ca en 2004. Ten dez entidades de poboación.


Santo Antoniño
     Santo Antoniño é unha vila da parroquia de Perdecanai, no concello pontevedrés de Barro.



     En 2016 tiña 482 habitantes, 371 máis ca en 2006.

 
     Neste lugar está a casa consistorial do municipio de Barro.



     Está atravesado pola estrada N-550 de norte a sur.



Lugares de Perdecanai
      Balixe, Canai, A Gándara, A Igrexa, Lourido, Parada, Porto Romeu, Rande, Santo Antoniño, Triabá, Valouta



Parroquias de Barro

     Agudelo (San Martiño), Barro (San Breixo), Curro (Santa María), Perdecanai (Santa María), Portela (San Mamede), Valiñas (Santo André)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Barro
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901