CRUCEIRO DE EIRÓ
A ESTREMA
SAN XOSÉ DE RIBARTEME
AS NEVES
A Estrema
A Estrema é un lugar da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello pontevedrés de As Neves.
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2008 ten 60 habitantes (27 homes e 33 mulleres), sendo a aldea máis poboada da parroquia.
Conta cunha capela, chamada Capela de Eiró, e cun cruceiro.
San Xosé de Ribarteme
San Xosé de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves.
Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 286 habitantes (138 mulleres e 148 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 314 habitantes.
No tocante á súa xeografía posúe dous elementos relevantes: o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude e que domina toda a parroquia, e o río Termes, afluente do Miño e que transcorre por ela.
Cada 29 de xullo celébrase a romaría de Santa Marta, que posúe como singularidade unha famosa procesión de cadaleitos arredor da igrexa parroquial. Dentro dos cadaleitos van persoas vivas que deste xeito agradécenlle á santa a súa axuda na cura dalgunha doenza.
Trátase dunha das romarías máis antigas de Galiza. Segundo o xornal británico The Guardian trátase da segunda festa máis curiosa do mundo e foi, ademais, obxecto dun documental que a produtora catalá Mago Productions encargou aos profesores australianos Claudia Terstappen e Greg Wallif.
Lugares de San Xosé de Ribarteme
O Areal, Babareira, Bocas, Casal da Vila, A Cernada, A Cortegosa, O Cotiño, O Coto de Lobos, O Coto, Currás, A Estrema, A Muradella, O Outeiro, As Pedriñas, A Portela, Quinteiro, Rodeiro, Rubial, Sancharredonda, Zafal
MAPA
SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA