domingo, 19 de julio de 2020

MUIÑO DA REPRESA - RÍO XESTA - OS PRADOS - XESTA - A LAMA

MUIÑO DA REPRESA
RÍO XESTA
OS PRADOS
XESTA
A LAMA


A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.



     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio  é lamense.



Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.



Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.



Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.



     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).



     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.



Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.



     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.



     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.



     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.



     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.



Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.



 Parroquias da Lama
      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

viernes, 17 de julio de 2020

SARTEGOS DE BUXEL - ARTOÑO - BUXEL - AGOLADA

SARTEGOS DE BUXEL
BUXEL
ARTOÑO
AGOLADA


Sartegos de Buxel
     Os dous sartegos atópanse escavados na mesma pedra que sobresae no terreo. 


     As Tumbas están orientadas coa zona máis estreita das cavidades, e que corresponderían cos pés dos defuntos cara o oeste, e a cabeza ao leste. 


     Están separados por unha zona de rocha gravadas con coviñas e unhas liñas parecen comunicar os dous rebaixes. Dise que foton foron utilizados para outras funcións.. A un deles fáltalle unha parte da rocha na que se asenta.


Buxel
     Buxel é un lugar da parroquia de Artoño, no concello pontevedrés de Agolada, na comarca do Deza. 



     Segundo o INE, no 2008 tiña 34 habitantes (17 homes e 17 mulleres), o que supón unha diminución de 12 habitantes con respecto ao ano 2000. 



Artoño
     Santalla de Artoño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. 



     Segundo o IGE en 2013 tiña 116 habitantes (55 homes e 61 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 222 habitantes.


     Nesta parroquia tivo a súa sede a Banda de música de Artoño e naceu o alcalde de Agolada Ramiro Varela Peón.


Patrimonio
    Igrexa de Santalla de Artoño.
    Capela do Santo Anxo da Garda.
    Capela de San Ramón.
    Casa de Méndez.
    Casa de Traspeñas.



Festas e celebracións
     Celébranse as festas do San Ramón na capela do mesmo nome o 31 de agosto e 1 de setembro. Tamén se celebra na capela de Buxel o Anxo da Garda o 5 e 6 de outubro.



Lugares de Artoño   
     Artoño, Ascontra, Buxel, Campo Simón, A Capela, Cartas, Cendoi, O Coto, Outeiro, Quintas, Traspenas, Vilar 


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

 Fuente: Web Patrimonio Galego
XOAN ARCO DA VELLA

PONTE DE LIÑARES - RÍO XESTA - LIÑARES - XESTA - A LAMA

PONTE DE LIÑARES
RÍO XESTA
XESTA
LIÑARES
A LAMA


Xesta
     San Bartolomeu de Xesta é unha parroquia que se localiza no concello da Lama.



   Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 349 habitantes (188 mulleres e 161 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 300 habitantes.



Lugares de Xesta
     O Aredo, As Barreiras, Campelo, A Grifa, Liñares, O Outeiro, Pigarzos, Portomartiño, Xesta



A Lama
     A Lama é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra.



     Segundo o IGE en 2016 tiña 2587 habitantes. Padrón municipal de 2003: 2957 habitantes. O seu xentilicio  é lamense.



Xeografía
     O concello, de 117,76 km², está situado na serra do Suído, no leste da provincia de Pontevedra, a uns 25 km da capital provincial. Limita ao norte con Beariz (provincia de Ourense), Forcarei e Cerdedo-Cotobade, ao sur con Fornelos de Montes, ao leste con Avión e con Beariz (ambos os dous na provincia de Ourense) e ao oeste con Ponte Caldelas e con Cerdedo-Cotobade.



Comunicacións
     A principal vía de comunicación é a PO-255 (que comunica con Ponte Caldelas e que permite chegar a Pontevedra e a PO-235 que une o concello con Carballedo, capital do municipio de Cerdedo-Cotobade.



Demografía
     A pirámide poboacional é a dun concello rural galego. É dicir, a poboación é avellentada. Pero recentes campañas municipais para atraer residentes ao termo municipal, conseguiron manter o censo.



     De todas as maneiras, segue sendo inferior ao censo de 1995 (cando vivían 3.517 veciños).



     A poboación do municipio está bastante diseminada nas 10 parroquias do concello. Mais a parroquia capital é con notoriedade, a máis poboada.



Historia
     Consérvanse restos arqueolóxicos das culturas megalíticas, como as mámoas de Portela da Cruz, O Seixo, O Suído, e Antas. Da idade de bronce atopouse na Lama unha espada de tipo argárico de hai 3500 anos, e en Verducido e no castro de Gaxate varias hachas de bronce.



     Desta idade son os gravados rupestres en Chan do Campo, Outeiro Seixiño, Val do Gato, e Laxa das Puzas (Verducido). Hai tres castros identificados: o monte do Castro en Gaxate, o monte do Castro na Lama, e o castro de Xende.



     Na época medieval a zona norte foi colonizada polos monxes do mosteiro da Armenteira a partir do século XV, e o resto pertencía aos señores de Soutomaior, que contaban cunha fortaleza en Fornelos.



     Nos séculos XVII e XVIII aumentou a poboación e a gandería pola introdución do millo, e a pataca procedentes de América. Coas mudanzas que implicaron na agricultura, comezou a desaparecer a emigración a Castela dos temporeiros para a sega do trigo en verán, e aumenta a construción de camiños, igrexas, pazos e pontes. Desta época son as pontes de Verducido sobre o río Parada, a do antigo camiño de Ribadavia a Pontevedra e o de Liñares.



     A emigración a América dos séculos XIX e XX fixo posible a compra das terras aos nobres e a construción de edificacións educativas e centros de beneficencia.



Turismo
     A Lama conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 135 "Roteiro da Escuadra".
     É unha ruta sendeirista lineal de 7 km, entre o Peso (A Escuadra) e a área recreativa de Santa Mariña, na Serra do Cando.
     Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.



 Parroquias da Lama 

      Antas (Santiago), A Barcia do Seixo (Santa Ana), Covelo (San Sebastián), Escuadra (San Lourenzo), Gaxate (San Pedro), A Lama (San Salvador), Seixido (San Bartolomeu), Verducido (San Martiño), Xende (San Paulo), Xesta (San Bartolomeu)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

miércoles, 15 de julio de 2020

PETRÓGLIFO DE PEDRA MIRTADA - SAN ANTONIÑO - PERDECANAI - BARRO

PETRÓGLIFO DE PEDRA MIRTADA
SAN ANTONIÑO
PERDECANAI
BARRO


Petróglifos do Outeiro da Pedra Mirtada
     Grupo que inclúe catro rochas con gravados: un grupo de cinco coviñas soltas e outras cinco en torno a unha liña, en xeral moi erosionadas. Nos bloques 1, 2, 3 con sinais de antiga extracción de pedra consérvanse grupos de pequenas cazoletas . No bloque 4, illado a ras do chan, unha cubeta rectangular ou muiño de soporte fixo ocupa a metade da pedra dividida por unha greta natural. 



     Na outra metade, unha curiosa coviña rectangular e outra circular. As coviñas son a temática máis representada na arte rupestre galega.


     A súa orixe pode ser moi antiga. Os muíños de soporte fixo son elementos para a moenda de plantas e minerais para uso ritual en celebracións sociais.



     Cronoloxía e significado: desde 3000 antes de Cristo ata a Idade Media, para as coviñas.


      O significado é complexo. Os petróglifos, son gravados rupestres prehistóricos, representan un fenómeno cultural único, polo seu interese como documento histórico e os seus valores estéticos. Hoxe ten vostede o privilexio de poder aprecialos na súa paisaxe orixinal.


Perdecanai
     Santa María de Perdecanai é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Barro.



     Segundo o INE en 2016 tiña 1048 habitantes (520 mulleres e 528 homes) 404 máis ca en 2004. Ten dez entidades de poboación.


Santo Antoniño
     Santo Antoniño é unha vila da parroquia de Perdecanai, no concello pontevedrés de Barro.



     En 2016 tiña 482 habitantes, 371 máis ca en 2006.

 
     Neste lugar está a casa consistorial do municipio de Barro.



     Está atravesado pola estrada N-550 de norte a sur.



Lugares de Perdecanai
      Balixe, Canai, A Gándara, A Igrexa, Lourido, Parada, Porto Romeu, Rande, Santo Antoniño, Triabá, Valouta



Parroquias de Barro

     Agudelo (San Martiño), Barro (San Breixo), Curro (Santa María), Perdecanai (Santa María), Portela (San Mamede), Valiñas (Santo André)


MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: Concello de Barro
XOAN ARCO DA VELLA