domingo, 8 de junio de 2025

CRUCEIRO DE BEMIL - BEMIL - BASTAVALES - BRIÓN

 CRUCEIRO DE BEMIL

BEMIL

BASTAVALES

BRIÓN

      Pode ser este un dos mellores cruceiros de todo o concello, e aínda non se perdeu a devoción que por el senten os veciños como testemuñan as espigas de millo que sempre colgan dos brazos de San Lourenzo. 

     Álzase sobre plataforma de tres chanzos e unha base con caveiras gravadas en cada ángulo, e por enriba un lagarto e unha serpe moi grandes. 

     No primeiro tramo do varal vai representada a paixón e cerca do capitel unha imaxe de San Lourenzo nunha peana coa grella na man dereita e un libro na esquerda. 

     O capitel cunha cara en cada lado, agás no que está por debaixo da Virxe, que ten unha custodia. 

     A cruz de sección circular con nós, con cristo na fronte, a quen consola San Francisco apoiado sobre unha peana ao lado dereito. 

     É de destacar a gran calidade da talla das figuras e os pequenos detalles como a coroa de espiñas, costelas do cristo e escapulario. 

      Conta con inscrición pero moi borrosa, Clodio González quéreo datar por similitudes con outros do concello no século XVIII, sendo uns dos primeiros de Galicia onde se representa a Virxe do Carme, devoción mariana que se estendeu por esa época. 

MAPA

  

 Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901