sábado, 7 de junio de 2025

CRUCEIRO DE SANTO ESTEVO DE CASTELÁNS - CASTELÁNS - COVELO

CRUCEIRO DE SANTO ESTEVO

CASTELÁNS

COVELO

 Casteláns 
     Esta parroquia a sitúa no límite do Concello de Covelo co de Mondariz , ten unha extensión de 7,5 Km 2 e 416 habitantes. 

     É unha das parroquias cos máis fermosos vales do municipio.  

      Nela consérvanse restos dunha igrexa románica de finais do século XII, que foi mosteiro, probablemente de monxas benitas . O único que queda desta construcción é a súa ábsida, de cuarto de esfera sobre nervios procedentes de pequenas columnas. Nos vans da ábsida, aprécianse pequenas ventás de arquivolta semi circular apoiada en columnas por dentro e por fóra. Tamén posúe canecillos e os arcos interiores dalgunha ventá son de ferradura de influencia mozárabe. Estes restos poden ser visitados en Mondariz Balneario , onde foron trasladados a principios do século pasado. 

      Casteláns probablemente foi na antigüidade un lugar onde residiron persoas de leis e escribáns. Consérvanse aínda escudos heráldicos en varias "casas grandes" da parroquia que teñen un notable interese.

     As súas terras son fértiles debido a unha menor altitude e recollen un viño afrutado e saboroso. tamén o año e o cocido son dous manxares propios do lugar.

     No barrio de Lourido manan unhas augas sulfurosas de fama en todo o Concello e que sandan numerosas enfermidades.

Os seus barrios e lugares son:  

     A Arroteña , Ás Barreiriñas , Campelo , A Cancela Grande, A Carrexa , Ás Casanianas , Casteláns , O Ceo , A Costa, O Couto, A Doadiña , A Fonte , Lourido , A Pena, Ás Pereiras , O Pío, A Sequeira , Sobreira

MAPA

 

 Fuente: Concello de Covelo

XOAN ARCO DA VELLA 

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901