lunes, 12 de julio de 2021

IGREXA DE SAN VITOIRO - RIBAS DE MIÑO - O SAVIÑAO

IGREXA DE SAN VITOIRO

RIBAS DE MIÑO

O SAVIÑAO

San Vitoiro de Ribas de Miño
     San Vitoiro de Ribas de Miño é unha parroquia do concello do Saviñao na comarca da Terra de Lemos, na provincia de Lugo. 

     No ano 2007 tiña 163 habitantes (81 homes e 82 mulleres), un máis ca no ano anterior.

Historia
     Os límites da parroquia determináronse en comparecencia veciñal o 13 de marzo de 1753 ante o xuíz Rafael de Queiruga.

     No correspondente documento aparecen determinados os límites. Unha terceira parte da parroquia, como a entidade de Porto, quedou anegada polo río Miño coa construción do encoro de Belesar.

Socioeconomía
     Xunto á gandería vacúa e de subsistencia e a agricultura, a produción de viño é unha das principais actividades en San Vitoiro, ó estar localizada na zona amparada para a produción de viño con Denominación de Orixe Ribeira Sacra, concretamente na subzona Ribeiras do Miño.

Patrimonio
     Nesta parroquia, como noutras da Ribeira Sacra, hai expoñentes da románica galega.

     A igrexa parroquial de San Vitoiro é de estilo románico do último cuarto do século XII, semellante ó de Santo Estevo de Ribas de Miño, que consta de nave e ábsida rectangulares, con arco triunfal de medio punto e columnas salomónicas, á que se engadiu a sancristía. Destaca principalmente pola súa fachada principal con tres arquivoltas que descansan sobre columnas de fustes lisos.

     O santuario de Guadalupe, situado no monte da Capela, data do século XVIII.

     A casa grande de Pacios é unha construción civil do século XVII. A casa de Abadía é unha construción civil dos séculos XV e XVI.

     A capela de Porto, de posible orixe románica, sitúase en Porto, na actualidade anegada polo encoro de Belesar. Consérvanse na igrexa parroquial algunhas das súas tallas, esculpidas entre os séculos XVI e XVII.

Festas
     A primeira fin de semana de setembro celébrase no campo da festa da Abadía a romaría da Virxe de Guadalupe.


Lugares de San Vitoiro de Ribas de Miño
     A Abadía, Os Amieiros, A Cerca, Os Corgos, A Corredoira, Filgueiro, As Fontelas, Gudiós, A Lama, Liñares, Montegrande, Pacios, A Pereira, A Reboira, O Regato, Susavila, Taíz, O Troncedo, O Val

O Saviñao
     O Saviñao é un concello da Provincia de Lugo, pertence á comarca da Terra de Lemos e á Ribeira Sacra.

     Segundo o Padrón municipal, no ano 2017 tiña unha poboación de 3.832 persoas. O seu xentilicio é saviñao .

Xeografía
     O concello do Saviñao está enclavado na Ribeira Sacra, dentro da Comarca de Terra de Lemos, situado ó sur da provincia de Lugo. Limita ó norte cos concellos de Paradela e Taboada, ó sur con Pantón, ó leste con Pantón, Monforte de Lemos e Bóveda e ó oeste con Taboada e Chantada. 

     A altitude media é de 600 metros sobre o nivel do mar. Está atravesado polos ríos Miño, Sardiñeira, Saviñao, Pez, Barrantes e Porriño.

     Ten 29 parroquias. A capital do concello, Escairón, ten aproximadamente uns 1000 habitantes. O segundo núcleo de poboación é Currelos, a cabeceira da zona norte do concello.

     A súa economía é fundamentalmente agrícola, contando tamén con industrias lácteas, vinícolas e da construción. A potenciación do turismo rural e cultural desta zona supón un pulo para a mesma.

     No aspecto comercial destacan as feiras que se celebran mensualmente, en Escairón os días 8 e 19, e en Currelos o día 26.

Parroquias do Saviñao
     Abuíme (San Xoán), A Broza (San Tomé), Chave (San Sadurniño), A Cova (San Martiño), Diomondi (San Paio), Eirexafeita (San Vicente) | Fión (San Lourenzo) | Freán (Santa Cecilia), A Laxe (San Fiz), Licín (Santalla), Louredo (Santiago), Marrube (Santa María), Mourelos (San Xulián), Ousende (Santa María), Piñeiró (San Sadurniño), Rebordaos (Santalla) | Reiriz (Santa María) | Rosende (Santa Mariña), San Vitoiro de Ribas de Miño (San Vitoiro), Santo Estevo de Ribas de Miño (Santo Estevo), Segán (Santa María), Seteventos (Santa María), Sobreda (San Xoán), Vilacaíz (San Xulián), Vilaesteva (San Salvador), Vilasante (San Salvador), Vilatán (San Xoán), Vilelos (San Martiño), Xuvencos (Santiago)

Concellos da Ribeira Sacra
    Baños de Molgas Carballedo Castro Caldelas Chandrexa de Queixa Chantada Esgos Monforte de Lemos Montederramo Nogueira de Ramuín Pantón Parada de Sil Paradela A Peroxa A Pobra do Brollón Portomarín Quiroga Ribas de Sil San Xoán de Río O Saviñao Sober Taboada A Teixeira Xunqueira de Espadanedo

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901