domingo, 4 de julio de 2021

IGREXA DE SANTA BAIA - PEREDA - SAN CRISTOVO DE CEA

IGREXA DE SANTA BAIA

PEREDA

SAN CRISTOVO DE CEA

 Pereda
     Santa Baia de Pereda é unha parroquia do concello de San Cristovo de Cea na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.

     Segundo o IGE en 2013 tiña 187 habitantes, deles 90 eran homes e 97 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 263 habitantes.

Patrimonio
      En Biduedo consérvase unha das parellas de xigantes máis antigas de Galicia, as "Almazonas". Participan acompañados dunha parella de cabezudos na procesión de San Pantaleón, a fin de semana seguinte ó 27 xullo.

Lugares de Pereda
     Biduedo, Faramontaos, Os Ferreiros, Pazos, Pereda, Pulledo, A Regueira, A Vila

San Cristovo de Cea

     San Cristovo de Cea é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Carballiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.418 habitantes (3.026 en 2003). O seu xentilicio é «ceés».

Xeografía
     O concello, de 93,9 km², abrangue 13 parroquias. Limita ao norte con Rodeiro (provincia de Pontevedra) e Carballedo (provincia de Lugo), ao sur con Maside, ao leste con Vilamarín e ao oeste con Amoeiro, Piñor e O Carballiño, do que o separa o río Arenteiro.

      O nordeste do concello é unha zona montañosa, rama sur da serra do Faro, cos picos da Martiñá (1.039 m) e Alledo (1.011 m). O municipio está atravesado polos ríos Mirela e Oseira (afluentes do Arenteiro) e polo río Barbantiños. Outros cursos menores son o Búbal, Silvaboa, Benito, O Texo ou o Ricovelo. A zona ten clima oceánico temperado nos vales e oceánico de montañas nas zonas altas.


Patrimonio arquitectónico
     Amais do mencionado mosteiro de Oseira, entre o patrimonio de San Cristovo de Cea destaca a igrexa parroquial de San Fagundo, de arquitectura románica.

Patrimonio cultural
     No concello está o Museo Etnográfico de Liste.


Parroquias de San Cristovo de Cea

     Castrelo (San Cibrao), Cea (San Cristovo), Covas (Santa María), Lamas (San Martiño), Longos (Santa Baia), Mandrás (San Pedro), Oseira (Santa María a Real), Pereda (Santa Baia), San Fagundo (San Fagundo), Souto (San Salvador), Vales (San Pedro), Vilaseco (San Miguel),, Viña (San Román) 


Comarca do Carballiño
      A comarca do Carballiño é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Toma o nome da súa vila principal. 

     Pertencen a ela os concellos de San Amaro, Beariz, Boborás, O Carballiño, San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Piñor e Punxín.

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901