domingo, 25 de julio de 2021

FERVENZA E SALTOS DE FIRVADO - RÍO XENDE E REGO DE TELLEIRO- COIRO - MAZARICOS

FERVENZAS E SALTOS DE FIRVADO

RÍO XENDE E REGO DE TELLEIRO

FIRVADO

COIRO

MAZARICOS

Coiro
     Santa María de Coiro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mazaricos.

     Segundo o IGE en 2018 tiña 399 habitantes (190 homes e 209 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 710 habitantes.

Lugares de Coiro
     As Bouzas, Coiro, Corrubedo, Fírvado, Fornís, Gosende, Loureiro, A Manda, As Paxareiras, Recarea, San Cristovo, Suevos, Vilar de Coiro, Vilar de Costa, Xestoso

Mazaricos
     Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE, en 2018 tiña 3.885 habitantes. O seu xentilicio  é «mazaricán».

Situación
     Mazaricos áchase preto do mar, mais non chega a el. Antes están os estreitos concellos de Carnota e Dumbría. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría.

     A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara ao sur ata o Macizo do Pindo).

      Cara ao Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sur, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan na ría de Muros e Noia.

     O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.

      A poboación é dispersa. As principais localidades do concello son A Picota, O Pino de Val e Asenso.

Cultura
      Os megálitos máis destacados son as mámoas de Eirón, o dolmen de Parxubeira e a necrópole de Monte de Embaixo. Polo concello pasou unha vía romana, da que hai restos en Arcos.

     A Casa de Arcos, pertencente aos Mariño de Lobeira, mostra o seu escudo na fachada (unha serea e ondas), xunto cos símbolos dos Lobeira (un lobo e estrelas) e os dos Dacosta (bordóns e ovellas).

Parroquias de Mazaricos     
     Alborés (San Mamede), Antes (San Cosme), Arcos (Santiago), Beba (San Xián), Chacín (Santa Baia), Coiro (Santa María), Colúns (San Salvador), Corzón (San Cristovo), As Maroñas (Santa Mariña), Mazaricos (San Xoán), San Fins de Eirón (San Fins), Os Vaos (San Tomé)

Comarca do Xallas
     A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba.

     Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391,01 km² e no 2020 tiña 13.203 habitantes.

     Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago, Ordes e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra.O seu xentilicio é xalleiro/xalleira. 

VIDEO

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901