ANTIGUA PAPELEIRA DE RODÍS
A IGREXA
RODÍS
LALÍN
No lugar de Igrexa en Rodís, en Lalín, alberga unha xoia arquitectónica de gran relevancia histórica que pasa desapercibida para moitos.
Alí, sobre unha das beiras do río Barbán, moi próxima á desembocadura do río Arnego, descansa unha fábrica de papel do século XIX.
A súa historia resulta prácticamente descoñecida ante a falta de documentos da época, aínda que varios interesados xa emprenderon senllos traballos de investigación para desentrañar os detalles que garda esta curiosa fábrica.
Alí vive tamén o seu actual propietario, quen a recibiu en herdanza dos seus tíos que a compraron alá polo ano 1923.
A falta de datos oficiais, o propietario actual vaticina que foi levantada antes de 1850.
Na súa construción participou Juan Cendón Carballal, quen xa estivera presente tamén nas obras das fábricas de papel de Lavandeira e Bouteiro, en O Carballiño.
Durante o tempo que se mantivo en activo, nestas instalacións desenvolvíase todo un laborioso proceso de traballo, levado a cabo fundamentalmente por mulleres.
Dende a preparación dos trapos, a materia prima fundamental por aquel entón para a elaboración do papel, ata o secado das follas.
Con todo, o seu período de actividade foi máis ben curto, da penas uns 50 anos, posto que o taller foi abandonado antes de finais de século.
No ano 1880 iniciábase en España a elaboración a partir de pasta de madeira, o que supuxo o fin para a gran maioría destas fábricas tradicionais.
MAPA
SÍGUENOS:
Fuente: Faro de Vigo
MIRIAM V. FDEZ.
XOAN ARCO DA VELLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901