jueves, 28 de mayo de 2020

PAZO QUINTEIRO DA CRUZ - SAN FINS - RIBADUMIA

 PAZO QUINTEIRO DA CRUZ
SAN FINS
RIBADUMIA


Pazo Quinteiro da Cruz
       O pazo Quinteiro dá Cruz está situado en pleno val do Salnés, concretamente na parroquia de Lois, concello de Ribadumia. 


     Trátase dun edificio do s. XVIII, de estilo neoclásico. Nos exteriores do pazo destaca o alpendre porticado cunha antiga lareira no seu interior, dous hórreos e un cruceiro do século XVIII, pombal, capela e fontes ornamentais. 


    O elemento máis destacado do pazo é o seu xardín, repleto de camelias e especies exóticas. 


    O pazo tamén ten unha adega propia na que elaboran o seu viño albariño 


Lois
     San Fins de Lois é unha parroquia que se localiza no concello de Ribadumia na comarca do Salnés. 



     Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 466 habitantes (237 homes e 229 mulleres), 31 menos ca en 2010 e sete menos ca en 2005. Ten dezaoito entidades de poboación.

Lugares de Lois
     A Bouciña, A Bouza, A Cruz, A Gándara, A Medoña, A Picoña, A Puxeira, A Seara, Aldea do Monte, Caxide, Lede, O Casal, O Couto, Os Muíños, Portarís, Remirón, Trastada, Xesteira


Ribadumia

     Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés.



Xeografía
     En consonancia coas terras que o rodean, o relevo de Ribadumia caracterízase polo dominio da planicie, unicamente alterada en áreas montañosas, de baixa altitude. 



     O termo incluído no val do Salnés, debe a súa orixe á combinación dunha dobre influencia tectónica e a erosión diferencial. 


     Desta forma pódense distinguir dous bloques constitutivos fundamentais: o val do Umia e unha serie de montes que, con dirección de nordeste a suroeste, define o interfluvio deste río con Fonte Espiña, con pendentes pouco pronunciadas.


Patrimonio
Pazos
     O pazo de Barrantes é unha casa grande, construída orixinariamente entre finais do século XV e comezos do XVI, e que sufriu dous procesos de reconstrución. Na súa leira hai un grande hórreo e unha capela.
O pazo da Pedreira foi construído durante a segunda metade do século XV, e tamén sufriu varias reformas. Na fachada principal hai unha imaxe da Virxe da Anunciación. Tamén ten capela.
      O pazo do Monte foi construído no século XVIII, e na actualidade está abandonado. Tamén ten capela de seu.
      O pazo Quinteiro da Cruz é orixinario de finais do século XVIII. Ten un xardín de estilo inglés con gran diversidade ornamental e áreas de produción vitivinícola. A leira conta con fontes, cruceiros, piornos, reloxos de sol e un lavadoiro.



Igrexas
     A igrexa de San André de Barrantes, orixinaria de comezos do século XIII, conserva algún elemento románico, pero sufriu unha importante remodelación na época barroca.
     A igrexa de Santa María de Besomaño, tamén de orixe románica, foi reconstruída no século XVIII.
     A igrexa de San Xoán de Leiro conserva unha fiestra con arco de ferradura do período prerrománico. Foi remodelada no século XVIII.
     A igrexa de San Fiz de Lois ten a súa orixe no século XII, pero foi reconstruída no século XVIII.
    A igrexa de Santa Baia de Ribadumia, de orixe románica, foi remodelada a comezos do século XIX.
     A igrexa de San Clemezo de Sisán, construída no século XVI, foi ampliada e remodelada no século XVII.



Festas
     Desde 1972 celébrase a festa do viño tinto do Salnés. Desde 2002 celébrase no mes de agosto, a festa do pan do Salnés.

   
Parroquias de Ribadumia

     Barrantes (Santo André), Besomaño (Santa María), Leiro (San Xoán), Lois (San Fins), Ribadumia (Santa Baia), Sisán (San Clemenzo) 



Comarca do Salnés
     A comarca do Salnés é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vilagarcía de Arousa á cal pertencen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.



     Constitúe un dos máis importantes enclaves turísticos de Galiza. Con poucas palabras, está comprendido entre a ría de Arousa polo norte e a ría de Pontevedra polo sur, formando parte das denominadas Rías Baixas.

MAPA


SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901