sábado, 2 de mayo de 2020

JOSEFA DA TORRE. 34 ANOS SIN COMER NIN BEBER.

 JOSEFA DA TORRE
A SANTA DE GONZAR


     Josefa da Torre (1773-1848) alimentouse so de ostias durante os últimos 34 anos da súa vida. As que recibía do cura unha vez ao mes. 

     Ninguén a viu comer nin beber e do seu fráxil corpo non saía nin unha soa excreción. Nin ouriña, nin bilis, nin feces. 


     Permanecía permanentemente postrada na cama, nunha posición fetal inmutable, sen moverse, sen falar. 

     A figura da coñecida como a Santa de Gonzar, de unha aldea de O Piñeiro pasou á literatura médica como o primeiro caso documentado de anorexia.

     En realidade sufría unha inedia crónica, unha forma de ayuno absoluto, segundo o informe realizado en 1838 por José Varela Montes, a gran figura da medicina da época en España e Galicia. O caso da tamén coñecida como Espiritada de Gonzar foi debatido en 1995 pola sección de Etnomedicina do Museo do Pobo Galego e máis tarde foi obxecto dun artigo científico por parte dos psiquiatras M. Fontes Barco, S. García Piñeiro e T. Angosto Saura, do hospital Xeral-Cíes de Vigo.

     Josefa da Torre levaba unha vida rutineira en Gonzar cos seus tres fillos e o seu suegro ata que un día de 1808 sufriu un cadro de paroxismo, desmaios e diarrea tras unha discusión co seu sogro e unha exposición ao frío.


 IGLESIA DE GONZAR

O bispo ordeou investigar
    A partir de entón deixou de comer e beber ata o punto de que os seus veciños comezaron a considerala como unha santa e en torno á súa casa organizábanse excursións de peregrinos chegados de toda Galicia, Castilla, Asturias e Portugal. Acudían doentes e tolos para que os curase, ata que o bispo de Santiago, Rafael Vélez, ordeou unha investigación.

     Primeiro enviou a catro curas, logo ao Exército e máis tarde ao doutor Varela Montes para que estudasen o seu caso. Trece días estivo con ela o afamado galeno e, efectivamente, comprobou que non inxería nin un bocado, nin unha pinga de auga. 


 IGLESIA DE GONZAR
     Varela Montes descartou que se tratase dunha intervención divina e á hora de explicar a súa inedia desenvolveu unha curiosa teoría sobre o proceso metabólico que, segundo os psiquiatras de Vigo que analizaron o feito, pode resumirse nunha frase: «Josefa non necesita comer porque tampouco consome enerxía». «A enferma -escribiu o médico nun texto recolleito no libro de Díaz-Fierros- sen alimentarse e sen gastarse vive nun círculo de movemento de partículas nutritivas que se desprenden, son de novo elaboradas?, para volver de novo a ocupar o mesmo lugar, e así sucesivamente». 

     Do caso tamén se ocupou o médico da Corte Logú e Zelada, que expuxo a súa propia teoría e rebatiu parcialmente a do médico galego. O que parece claro é que o ayuno de Josefa non foi absoluto. «Atopáronse restos de comida no seu corpo, polo que creemos que, de xeito moi hábil, debía alimentarse nalgún momento do día», apunta o psiquiatra Tiburcio Angosto.

 IGLESIA DE GONZAR
MAPA 

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
Fuente: R. Romar
La Voz de Galicia
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901