lunes, 8 de marzo de 2021

CAPELA DE SAN PAIO DE PITOS - RUBIÁS - RAMIRÁS

CAPELA DE SAN PAIO DE PITOS

RUBIÁS

RAMIRÁS


CAPELA DE SAMPAIO DE PITOS
     A ermida de Sampaio (ou San Paio), no monte que enseñorea todo o concello desde os seus 731 metros. De estrutura in antis, con pilar dianteiro para o mellor sostén da armadura da cuberta, entrada cuberta para protexer os romeus que ata aquí se achegan. 

      Os bancos corridos ante a poderosa e ornamentada porta, que exhibe cuadrifolios e outros trazos geométricos, son dunha riqueza notable.

Rubiás
     Santiago de Rubiás é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. 

     No ano 2007 tiña 117 habitantes, deles 53 eran homes e 64 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.


Lugares de Rubiás

     A Carreiriña, Casal de Cima, Entreviñas, Maceira, Margarideiros, Padrenda, A Partida, Penavegosa, Rozas, Rubiás, Santa María Madre, Souto, Vilaboa, Xandente, Xocín


Ramirás
     Ramirás é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón municipal de habitantes no 2014 tiña unha poboación de 1.643 persoas (2.053 en 2003). O seu xentilicio é ramirao ou ramiranense.

Historia
     Comezou a ser habitado polos Coelernos, que construíron os castros de Grixó e Marnotos. Na Idade Media estas terras remataron caendo baixo o dominio do mosteiro de Celanova, que tiña aquí un dos seus priorados en Paizás, en constante litixios e preitos contra das monxas do mosteiro de San Pedro de Ramirás por mor das lindes dos seus dominios ata que os monxes conseguiron que extinguisen a vida monástica feminina deste lugar e así dominar eles sós a zona.

      O concello naceu administrativamente en 1926, trala fusión dos municipios de Freás de Eiras e Vilameá de Ramirás. A cabeza do antigo priorato de Celanova, San Salvador de Paizás, era chamado antigamente "de Eiras", sendo ese o nome dado ao río Tuño, segundo consta na documentación do mosteiro desde finais da Alta Idade Media.


Patrimonio

     O mosteiro de San Pedro de Ramirás é do século X. Aínda que a orixe non está ben establecida, sábese que foi fundado por Omnéga abadesa do mosteiro de Santa Comba de Bande. Convento dos beneditinos no 1137, logo tivo moitos cambios. A igrexa, empezada no estilo románico, foi acabada no estilo gótico.

     Ramirás conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 Roteiro do río Arnoia. É unha ruta sendeirista lineal duns 11 km con principio/fin no Santuario da Nosa Señora do Val (concello de Gomesende) e fin/inicio en Escudeiros (concello de Ramirás).


Parroquias de Ramirás    

      Casardeita (Santiago), Escudeiros (San Xoán), Freás de Eiras (Santa María), Grixó (Santa Isabel), Mosteiro (San Pedro), Paizás (San Salvador), Penosiños (San Salvador), Rubiás (Santiago) | Santo André de Penosiños (Santo André), Vilameá de Ramirás (Santa María) 

MAPA 

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

XOAN ARCO DA VELLA

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901