domingo, 2 de junio de 2019

PONTE MEDIEVAL - RÍO ORXAS - ALDÁN - CANGAS

 PONTE MEDIEVAL
RÍO ORXAS
ALDÁN
CANGAS


Ponte Medieval no Río Orxas.
     Pequena ponte que mantén case intacta a súa vella estrutura medieval original. Feito en cadeirado granítico, posúe un so arco.


San Cibrán de Aldán
     San Cibrán de Aldán é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Cangas, na comarca do Morrazo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 2.533 habitantes distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.685 habitantes.



     Está ligada ao mar, tanto polo seu porto e actividade pesqueira, do que depende a súa actividade económica, de longa tradición. Este recurso natural tamén se aproveita desde a década dos 80 para actividade hostaleira e turística, polas súas praias e clima excepcional.


Historia
     A súa historia está escrita nas pedras de granito a través dos petróglifos da Idade de Bronce en Herbello, os seus sarcófagos suevos escavados no Outeiro do Pazo, e a propia pegada dos Aldao, familia que deu nome ao lugar. Os señores de Aldán, nobres que posuían as mellores terras, palacete-castelo, con frecuencia enfrontábanse a Pedro Madruga, Conde de Caminha e Soutomaior, na Idade Media. A industria pesqueira fixouse na bonanza das súas augas e instalou unha fábrica de conservas na praia de Menduíña no século XIX.



     Desde 1821, momento en que se constituíron os actuais municipios, ata 1862 pertenceu a Bueu, de igual xeito que a veciña freguesía de Hío.


Construcións destacadas
Igrexa parroquial.
    No núcleo urbano de San Cibrán están o pazo-torre e a igrexa parroquial, construída en 1866 en estilo neoclásico. As rúas están empedradas, e consérvanse construcións tradicionais como casas mariñeiras con patín e hórreos. Nun outeiro está a necrópole sueva. Entre as construcións modernas destaca o centro de saúde.



    O pazo do Conde ou pazo de Aldán, tamén en San Cibrán, ten un acueduto e un muíño ameado. Os xardíns teñen camiños empedrados, mesas e bancos de pedra, fontes, campos de xogos, plantacións exóticas, pontes e unha illa artificial no río.



    En Menduíña está a capela de Santo Amaro. Preto do seu adro está o parque temático do Taragudo.
    En Marco do Saniño, atopamos o monumento en honor a Lando Carneiro, famoso trobador do século XII.
    En Espiñeira está o pazo de Boavista.
    No río Orxas hai unha ponte de pedra de orixe medieval, cun arco de medio punto. Existe un paseo fluvial desde A Sobreira até San Cibran, arrente muíños cun camiño e pontes ben acondicionadas.
    A fonte da Maragotas, do ano 1800, foi feita polo mestre canteiro Pedro Penedo Pelouro.
    En Budiño consérvase un estaleiro de ribeira.



Turismo
     As praias con maior interese turístico son Areacova, Francón e Menduíña. Existen pequenas calas como Cova de Balea ou Lagoelas.



Lugares a visitar:
     Porto pesqueiro, paseo marítimo, fonte e adro da capela de Santo Amaro, pazo (palacete) dos condes, igrexa de San Cibrán, pazo de armas, xardíns do conde (río e acueduto), ruínas doutro pazo e balcón de Montiño, Niño do Corvo, escola de Manuel Chouciño, cataratas do Fials, ponte e muíños do río Orxas, cova do Mouro Arturo, Duque de Tralalaxe.


Lugares de Aldán
     Erbello, A Espiñeira, Gandón, Menduíña, Piñeiro, San Cibrán



Parroquias de Cangas
     Aldán (San Cibrán), Cangas (Santiago e San Salvador), Coiro (San Salvador), Darbo (Santa María), O Hío (Santo André) 



MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901