martes, 18 de junio de 2019

O PORTASOUTO - CARITEL - PONTECALDELAS

O PORTASOUTO
CARITEL
PONTECALDELAS 


Caritel
     Santa María de Caritel é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas.



     Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2017 tiña 237 habitantes (131 mulleres e 106 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 385 habitantes.



     Caritel pertenceu ao arciprestado do Morrazo ao longo de toda a súa historia parroquial ata finais do século XIX; situado a máis de 15 quilómetros en liña recta da península do Morrazo, tratábase da parroquia máis oriental e extrema do dito arciprestado.



Patrimonio
     A igrexa parroquial é de estilo neogótico, deseñada por Álvaro Reyero e mais polo arquitecto diocesano Miguel Hernández.



     Ten planta basilical, cunha soa nave cuberta con bóveda de crucería de catro tramos separados por arcos faxóns.



    Ao longo da nave ten vidreiras policromadas nos dous lados.



     Anteriormente no campo da festa estaba a capela da Inmaculada Concepción, construción barroca do século XVIII substituída polo actual templo. 



     A carón da igrexa hai un cruceiro.


Na parroquia hai catro petos de ánimas ou esmoleiros:
    O peto de ánimas da Estrada é de tipo pechado, con caixón de esmolas, coroado cunha pequena cruz. O retablo é de madeira policromada, coa Virxe do Carme co neno sobre unha gran nube. Aos lados dous anxos axudan a dúas ánimas a saír das lapas. Na parte de abaixo hai a figura dun bispo, acompañada dunha ánima-muller á esquerda e dun home barbudo á dereita.



    O peto da Virxe de Fátima está nunha vivenda a carón do anterior. É unha táboa de nove azulexos policromados coa Virxe de Fátima e tres pastorciños, co peto cunha porta de ferro máis abaixo.



    O peto de ánimas das Almiñas do Río está no camiño de Fraga a Ponte Caldelas, preto do río Lapea na súa desembocadura no Verdugo. É de tipo pechado, coroado por unha cruz e cun pousadoiro cunha caveira con dúas tibias. O fornelo está enreixado, e debaixo del hai o cano dunha fonte. O panel é de madeira policromada, con Santo Antón co neno Xesús nos brazos. Hai cinco ánimas. Inclúe o texto A DEVOCIÓN DE MANUEL CABIRTA CONCHA.



    O peto da Breixiña está encaixado a un muro no camiño vello a Forzáns. É de tipo pechado, cunha cruz sobre a meseta. Ten unha porta metálica con cristal. O panel é de madeira policromada cunha Virxe nas nubes. Hai cinco ánimas: no medio un cura con bonete; na ringleira superior, a ánima dunha monxa e a dun frade, e na inferior un home barbudo á dereita e unha muller á esquerda. Inclúe a inscrición BENITO BOULLOSA.



      A fonte das Raíces foi reconstruída en outono de 1997, con cartos de Manuel Cordo Boullosa.



Lugares de Caritel

A Pousa, Caritel, Fraga, O Coto, O Portasouto



Parroquias de Ponte Caldelas
     Anceu (Santo André), Caritel (Santa María), Castro Barbudo (Santa María), Forzáns (San Fiz), A Insua (Santa Mariña), Ponte Caldelas (Santa Eulalia), Taboadelo (Santiago), Tourón (Santa María), Xustáns (San Martiño)



MAPA

SÍGUENOS:
Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube
XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901