jueves, 18 de marzo de 2021

PETROGLIFO DE LAMASUSÁN "DOUS" - LAMASUSÁN" MONTE ESPIÑO - AMOEDO - PAZOS DE BORBÉN

 PETROGLIFO DE MAMASUSÁN "DOUS"

MONTE ESPIÑO

LAMASUSÁN

AMOEDO

PAZOS BORBÉN

      O Concello de Pazos de Borbén ten uns 50 km² de extensión, dividido en oito parroquias.


     Limita cos concellos de Redondela, Fornelos de Montes, Soutomaior, Mondariz, Ponteareas e Mos.

Parroquias e lugares de Pazos de Borbén
Amoedo
     O Cabalo, O Carballiño, A Igrexa, Lamasusán, As Penas
Borbén
     Cuartos de Borbén, O Mosteiro, O Pousiño, Sequeiros
Cepeda
     A Alén, O Campiño, A Presa
A Ermida
     A Ermida
Moscoso
     Fraga do Rei, O Gorgoreiro, As Lombas
Nespereira
     Alvite, O Areeiro, Barcenal, O Galleiro, O Outeiro, Torrente, O Valado, Zoce
Pazos
     As Muras, Pazos
Xunqueias
     O Cabo de Raña, Casqueiros, A Chan, Eidos de Riba

AMOEDO (SAN SADURNIÑO)
     Situada na parte NO do Concello, linda cos municipios de Redondela e Soutomaior.

     Amoedo distribúese en catro barrios: Lamasusán, Carballiño, O Cabalo e A Igrexa.

     A súa poboación ronda os 528 habitantes.


     Esta parroquia caracterízase por ser a zona máis industrializada do concello, ó contar co único parque industrial de Pazos de Borbén


As voces das pedras
      O gran número de restos arqueolóxicos atopados nas terras de Pazos de Borbén, son sen dúbida un dos grandes tesouros cos que conta este municipio. O asentamento de culturas prehistóricas é moi evidente, dada a multitude de gravados rupestres e castros atopados na súa área xeográfica.

     Os primeiros xacementos arqueolóxicos atopados dan unha cronoloxía que vai dende o 3000 ó 1800 antes de Cristo, pero sen dúbida o marco cronolóxico que máis documentado está é a Idade de Bronce (1800 ó 600 a. d. C.). Nos séculos III e IV crese que Pazos de Borbén podería ser unha antiga poboación romana, coñecida como “Burbida”, pero hai desacordo entre os historiadores.


GRAVADOS RUPESTRES
     Atópanse en Pazos de Borbén multitude de gravados rupestres, importantes sináis de tempos antigos e testemuñas dunha historia da cal procedemos.

     Antano, según a visión popular das xentes, coñecíanse como Pedras das Mouras ou Pedras das Cruces, considerándose mensaxes dun misterioso pobo desaparecido

     De forma moi breve podemos sinalar os seguintes petroglifos ou insculturas.

AMOEDO
     Na parroquia de Amoedo son numerosos os lugares que teñen petroglifos de motivos xeométricos.

     Así temos “A laxe das cruces dos Carballiños”, os petroglifos de Masusán e os de Alvedosa, entre outros.

Latitude: 42.2956770617
Lonxitude: -8.55749984685 

MAPA

 

SÍGUENOS:

Facebook
Twitter
Pinterest
Google+
Instagram
YouTube

Fuente: Concello Pazos de Borbén

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901