miércoles, 5 de junio de 2024

IGREXA DE SANTA EULALIA DE BATALLÁNS - BATALLÁNS - AS NEVES

 IGREXA DE SANTA EULALIA

BATALLÁNS

AS NEVES

 Batalláns
        Santa Eulalia de Batalláns é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado.

        Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 206 habitantes (114 mulleres e 92 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 214 habitantes.


Lugares de Santa Eulalia de Batalláns 
     Casal do Mato, A Coutada, O Cruceiro, A Ermida, A Fragua, A Furna, Gandarela, Guille, Lentille, O Pazo, A Pena, Pesqueixóns, O Pío, Porteiro, Portela, A Presa, Traloval, O Viso

As Neves
     As Neves é un concello do sur de Galicia, na provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado, limítrofe con Portugal e bañado polo río Miño que exerce de fronteira natural.

     Segundo o IGE, contaba no 2014 con 4.121 habitantes, o que supón unha diminución de habitantes con respecto aos censos anteriores. 

     O seu xentilicio é nevense.

Xeografía
         O concello posúe catro elementos xeográficos que actúan de referentes principais: o val do río Xuliana polo oeste, o do Miño polo sur, o do Termes polo leste e os Montes da Paradanta polo norte, onde se sitúa o monte de San Nomedio, de 690 metros de altitude.

Val do Xuliana
      O río Xuliana percorre as parroquias de Taboexa, Rubiós, Tortoreos e Liñares, onde desemboca no Miño. O val esténdese desde a aba do monte San Nomedio ata a foz do río en Liñares, a máis chan de todas as parroquias nevenses.

Val do Miño
     O río máis longo de Galiza baña o concello nun treito de 10 quilómetros, servindo de fronteira co veciño Portugal. As súas augas transcorren polas parroquias, en sentido leste-oeste, de Vide, Setados, As Neves, Tortoreos e Liñares. A orografía máis montañosa de Setados e As Neves convértenas en miradoiros nos que enxergar unha boa panorámica de Portugal.

Val do Termes
      O curso fluvial do Termes segue as parroquias de Cerdeira, San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados. O val abrangue desde a ladeira sur do Monte de Paradanta, onde se asenta Cerdeira, encaixándose logo entre este e o Monte de San Fins cara ao nor-nordeste e o monte de San Nomedio en dirección nor-noroeste.

Montes da Paradanta
      A zona máis montañosa do concello é a correspondente ás parroquias de Cerdeira, San Pedro de Batalláns e Santa Eulalia de Batalláns, así coma o norte de Taboexa e o norte e leste de San Xosé de Ribarteme.

       No caso de Cerdeira e Santa Eulalia o seu relevo montañoso débese a estaren situadas nas abas sur e oeste do monte Paradanta, respectivamente, pertencendo o cumio do monte ao concello da Cañiza. 

       Nelas acádanse as maiores alturas do concello, arredor dos 800 metros. As outras tres parroquias están dominadas pola presenza de San Nomedio, con cumio en Taboexa.

Comarca do Condado
      A comarca do Condado é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Ponteareas.

       Pertencen a ela os concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Toponimia
      O topónimo O Condado vén do celta galaico: *Comdato < *kom-dhh1t-o 'confluencia, reunión de augas'.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901