miércoles, 5 de junio de 2024

IGREXA DE SAN LOURENZO DE FUSTÁNS - DORNELAS - FUSTÁNS - GOMESENDE

 IGREXA DE SAN LOURENZO DE FUSTÁNS

DORNELAS

FUSTÁNS

GOMESENDE

San Lourenzo de Fustáns
       San Lourenzo de Fustáns é unha parroquia do concello ourensán de Gomesende, situado na comarca da Terra de Celanova. 

      Segundo o IGE, en 2018 tiña 177 habitantes (88 homes e 89 mulleres), 56 menos que no 2007.

Demografía
      A parroquia conta con dezasete núcleos territoriais que son:
Agrufeixe, As Barreiras, Casaldrigo, A Casanova, Cimadevila, Dornelas, Fustáns, Garabelos, A Granxa, A Legumieira, A Ocella, Os Outeriños, Redondallo, As Regas, A Trigueira, A Veiga e Vilacova.

       Así a todo, as zonas nas que se concentra a meirande parte da poboación da parroquia son as aldeas de Fustáns (58 habitantes), Garabelos (35 habitantes), Dornelas (31 habitantes) e A Casanova (15 habitantes). Pola contra, Redondallo e a Legumieira son pequenos núcleos nos que non reside ninguén.

     O declive demográfico debeuse á emigración cara ás cidades de Vigo e Ourense en busca de oportunidades laborais como consecuencia da pouca industria da zona. Ademais, hai que destacar a condición minifundista do sector agrario existente no lugar.

Situación xeográfica
      Conecta coa capital da provincia, situada a 44 km, a través das estradas nacionais OU-540 e OU-531, que serve como enlace coa vila de Celanova, da que dista 24 km e coa pequena vila termal de Cortegada, situada a 7,7 km da parroquia.

       A autovía A-52 e as estradas PO-406 e OU-531 conectan con Vigo, a 71,7 km. A fronteira con Portugal encóntrase a 17 km da parroquia.

Patrimonio
        O 7 de abril de 1045, Rodrigo Gutiérrez doou a parroquia ás terras de Celanova. A capela de Santo Antonio sitúase na pequena aldea da Casanova, a carón da estrada OU-212.

      O couto conta cun espazo de mesas de pedra baixo unha carballeira, que durante a romaría do patrón (13 de xuño), adoita ser usada como punto de descanso.

     A igrexa parroquial de San Lourenzo está en Dornelas, e data do século XVIII, concretamente a súa construción comezou en 1717. A actividade foi patrocinada por señores feudais, laicos e relixiosos.

      Asemade, na aldea de Garabelos encóntrase a pequena capela da Nosa Señora da Magdalena (1737), que garda un estreito parecido coa igrexa parroquial, xa que ambos os templos son barrocos e foron construídos pola mesma persoa.

Festas
      Os dous festivos locais da parroquia son o 13 de xuño (Santo Antonio) e 10 de agosto (San Lourenzo).

Lugares de San Lourenzo de Fustáns
       Agrufeixe, As Barreiras, Casaldrigo, A Casanova, Cimadevila, Dornelas, Fustáns, Garabelos. A Granxa, A Legumieira, A Ocella, Os Outeiriños. Redondallo, As Regas, A Trigueira, A Veiga, Vilacova.

MAPA

 

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901