sábado, 1 de junio de 2024

CRUCEIRO PETO DO CONCHIDO - A RIBEIRIÑA - POSMARCOS - A POBRA DO CARAMIÑAL

 CRUCEIRO PETO DO CONCHILLO

A RIBEIRIÑA

POSMARCOS

A POBRA DO CARAMIÑAL

      Cruceiro obra do Vello Santeiro de Chave que nace sobre tres chanzos de sección octogonal.

      A súa base, cúbica coas arestas rebaixadas, posúe a seguinte inscrición:

“FUE LA FUNDADORA
MICAELA GARCIA
Y SE DESGRACIO EN
AÑO DE 1781”.

        O seu varal posúe o seu primeiro terzo en sección cadrada na que podemos ver varios relevos sobre a paixón como o martelo con tres cravos, as tenaces e a escada.

       O resto do varal é octogonal e destaca por unhas inscricións feitas en vertical que din o seguinte:

“Y LO MANDO HACER Pº 2. VEZ BEGNINO BOO. Y SU ESPOSA SERAFINA POUSO AÑO DE 1872”.

     O seu capitel, decorado con volutas e caras de anxos nos seus catro lados, dá paso a unha cruz de sección cilíndrica con nos. Nela podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

     Ao carón do cruceiro aparece o peto feito en pedra granítica, de tipo aberto.

     Posúe un relevo no que se pode ver tres ánimas entre as lapas.

     Por debaixo, o peto para as esmolas, hoxe sen tapa de ferro.

      Segundo recolle Fernández de la Cigoña, antigamente ao carón deste cruceiro eran soterrados os meniños que morrían sen ser bautizados.

       Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

 

      Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.

       Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.

MAPA

 

Fuente: Web Patrimonio Galego

XOAN ARCO DA VELLA 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Está permitida la reproducción total o parcial de los trabajos y fotos de este blog.
Te agradecemos nos sugieras de sitios para trabajos nuevos.
Mis correos:
Apd. de Correos: 83 - 36900 - Marin - Pontevedra
xoanarcodavella@gmail.com
Telf - WhatsAp.: 600590901